Skip to Content

Federico Pérez Rey

O vindeiro martes 28 de maio visitanos o actor FEDERICO PÉREZ REY

  

Tamén coñecido por Moncho (Era visto)

Realizou varios traballos na TVG, participou nas series Padre Casares, Air Galicia, O show dos Tonechos, Libro de familia e Mareas vivas.

Foi tamén guionista nas series Terra de Miranda, Pequeno Hotel, O rei da comedia, As leis de Celavella, Máxima audiencia, Zapping Comando e O show dos Tonechos. Dende abril de 2011, da vida á personaxe de Moncho na serie da TVG Era visto!.

En cine participou nas películas 18 comidas, Retornos e Mar Adentro.

Foi asesor lingüístico nas series Mareas vivas, Terra de Miranda, e Cuarto sen ascensor, así como na película Mar Adentro.

Estades todos convidados!

Sala de usos múltiples do CPI Aurelio Marcelino Rey García as 17:00

EDLG do CPI Aurelio Marcelino Rey García

 

Entrega de premios do 1º Certame Poético en Galego

Organizado pola Asociación Cultural Fervedoiro en colaboración co

CPI Aurelio Marcelino Rey García e Radio Estrada.

 

 



portada | by Dr. Radut