Radiomiñoca -xuñ 2016-

Neste programa nº 5 de Radiomiñoca volvemos con cousas moi interesantes:
Unha sección coa que riredes porque se trata de preguntas de exames que o alumnado responde dunha “particular” forma... Tamén temos un par de entrevistas: unha, co Decano da Facultade de Ciencias da Información da Coruña (Xosé Videla) e outra con Laura Pintos, unha ex alumna deste cole. Soraya nos lerá un conto, Antonio lerá un poema de Manuel María, os radiomiñoqueiros de 1º ESO contarannos algunhas das cousas que se fixeron no cole esta tempada e entrevistarán ao alumnado que participou nesas actividades e excursións, os rapaces de 4º A de educacion Primaria contarán uns chistes e escoitaredes tamén as nosas famosas preguntas patio. Veña, pegade a orella que pasaredes un bo anaco de tempo!