Xurxo Souto e os Contos do Mar de Irlanda

02/02/2015 23:38
Europe/Madrid

Xurxo Souto, coa buguina, o acordeón e a súa potente voz, levounos de viaxe polos mares e oceános de todo o mundo cos mariñeiros galegos que fixeron de Galiza "non o fin da terra, senón o centro do mar". Contou, cantou e fíxonos cantar e contar, animándonos a rescatar da memoria dos nosos avós as historias de mar e mariñeiros que tan ligadas están á nosa terra e á nosa cultura. Lembrounos tamén os nomes galegos que levan os recunchos mariños e costeiros que hai polo mundo e os que temos a carón de nós, que tan ben coñecen os que van ao mar. En Contos do Mar de Irlanda escribe Xurxo historias que paga a pena ler!

A súa visita pon un selo dourado ás actividades que realizamos para celebrar a Candeloria: ENREDÁMONOS CON NÓS E PALABRAS participando nun obradoiro de nós mariñeiros e tecendo palabras relacionadas co amor.