CURSO 2015-2016

CURSO 2015-2016

O 1 de setembro comezamos un novo curso escolar e é o momento de recordar algúns temas pendentes:

  • Os días 1, 2 e 3 de setembro terán lugar os exames da convocatoria de setembro da ESO. No arquivo adxunto podedes ver as datas e horas dos mesmos.
  • Fondo solidario de libros 2015-16. Recordade:
    • Ao iniciarse as clases en Primaria serán entregados os libros de 3º e 5º de Primaria que quedaron en xuño pendentes de entregar.
    • O alumnado de Secundaria que tiña materias pendentes para setembro, deberá entregar, o día que realice o exame, o libro ao profesor da materia. O día 4 teñen que estar todos os libros entregados no centro. 
    • O día 15 de setembro publicarase o listado definitivo dos alumnos de 2º e 4º da ESO admitidos no fondo de libros e os libros que recibirán.
    • Os días 16 e 17 repartiranse os libros do fondo de 2º e 4º ESO.
  • Axudas para a adquisición de libros de texto. Recordade:
    • Dende o 2 de setembro ao 2 de outubro, queda aberto o prazo extraordinario para presentar a solicitude das axudas para a adquisición dos libros de texto para os alumnos que cursarán 1º e 3º da ESO.
  • Inicio das clases:
      • Xoves 10: alumnado de Educación Infantil e Primaria.
      • Martes 15: alumnado de ESO.