A biblioteca do CPI CASTRO BAXOI está incluída do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia dende hai varios cursos e, día a día, vaise renovando e adaptando ás necesidades da comunicade escolar. A informatización dos fondos a través do programa MEIGA é unha das melloras introducidas, xunto coa reorganización dos espazos e a actualización dos materiais de lectura e consulta. A implicación de alumnos e profesores nas diferentes tarefas de xestión e dinamización é fundamental para que a nosa biblioteca sexa medio de aprendizaxe escolar e vital, punto de encontro e camiño cara ao mundo marabilloso do coñecemento e da imaxinación.
& A CONSULTA A TRAVÉS DE INTERNET
& O BLOG
& O TEMA