IMPORTANTE!!!! AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E FONDO SOLIDARIO. CURSO 2015-2016

O Diario Oficial de Galicia do 1 de xuño publica as dúas convocatorias polas que se regulan as axudas para os libros de texto do curso 2015-16:

- Orde do 21 de maio de 2015, que regula o fondo solidario de libros de texto para os alumnos que no próximo curso estean matriculados en 3º e 5º de EP, e 2º e 4º da ESO. Estes alumnos recibirán, segundo a renda de cada familia, un número determinado de libros do fondo solidario.

- Orde do 22 de maio de 2015, de axudas para a adquisición de libros de texto para os alumnos que no próximo curso estean matriculados en 1º, 2º, 4º e 6º de EP, e 1º e 3º da ESO. Estes alumnos terán un vale entre 90 e 180 euros para a compra de libros. O nivel de renda familiar non pode superar os 9000 €.

É requisito obrigatorio para ambas as axudas ter devoltos, ao final de curso, os libros do 2014-15 que aparecían na listaxe publicada na cristaleira do colexio e nesta páxina web. Recibiredes información da data e a forma de devolución.

 Prazos para presentar esta solicitude:

- Fondo Solidario (alumnos que cursarán 3º e 5º de EP, e 2º e 4º da ESO): do 2 de xuño ao 30 de xuño.

- Axudas para a adquisición de libros:

Alumnos que cursarán 1º, 2º, 4º e 6º EP: do 2 de xuño ao 1 de xullo.

Alumnos que cursarán 1º e 3º ESO:

Prazo ordinario: do 25 xuño ao 27 de xullo.

Prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro (alumnos de 1º e 3º con materias suspensas para setembro).

 

Recollida de impresos, información e entrega das solicitudes,  na secretaría do Centro. Os impresos poden descargarse nos enlaces: https://sede.xunta.es (guía de procedementos e servizos), e en formato pdf no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es