TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA: O MITO DA CAVERNA DE PLATÓN

 

O xoves, 27 de novembro de 2014, ás 16.25 horas, na biblioteca escolar do CPI de Castroverde terá lugar unha Tertulia Literaria Dialóxica sobre  "O mito da caverna" de Platón. Pode asistir calquera persoa que estea interesada. Todas e todos poden solicitar o texto no centro educativo.

Platón describiu na súa alegoría da caverna un espazo cavernoso no cal se encontran un grupo de homes, prisioneiros desde o seu nacemento por cadeas que suxeitan o pescozo e as pernas, de forma que unicamente poden mirar cara á parede do fondo da caverna, sen poder nunca xirar a cabeza. Xusto atrás deles, hai un muro cun corredor e, seguidamente e por orde de proximidade respecto dos homes, unha fogueira e a entrada da cova que dá ao exterior. Polo corredor do muro circulan homes levando todo tipo de obxectos cuxas sombras, grazas á iluminación da fogueira, proxéctanse na parede que os prisioneiros poden ver.

Estes homes encadeados consideran como verdade as sombras dos obxectos. Debido ás circunstancias da súa prisión áchanse condenados a tomar unicamente por certas todas e cada unha das sombras proxectadas xa que non poden coñecer nada do que acontece ás súas costas.

Vídeo      Web co texto en galego e castelán