ACTIVIDADES SOBRE XESTIÓN FORESTAL CON MANUEL ARIAS RODIL

 

O antigo alumno do CPI de Castroverde, Manuel Arias Rodil, realizou dúas conferencias no CPI de Castroverde o 24 de setembro de 2015. Á primeira conferencia asistiron os alumnos e alumnas de educación secundaria e á segunda o alumnado de 3º a 6º de educación primaria.
Resultaron moi interesantes as sesións de primaria e secundaria destacando a parte na que puideron manexar as ferramentas que se empregan para as diferentes medidas e cálculos.

Manuel Arias Rodil é Enxeñeiro Técnico Forestal dende 2009, Enxeñeiro de Montes dende 2011, e ten un Mestrado en Técnicas Estatísticas dende 2013. Actualmente está rematando os estudos de doutoramento e  traballa como investigador na USC  fundamentalmente desenvolvendo ferramentas que axudan á xestión forestal, xa sexa para o cálculo de existencias de madeira, como a predicción de crecemento e ultimamente a optimización da propia xestión.