TERTULIA LITERARIA DIALÓXICA SOBRE LUÍS DE CAMÕES

O pasado  25 de outubro, na biblioteca escolar do CPI de Castroverde, tivo lugar a tertulia literaria sobre Luis de Camoens que foi un importante escritor que viviu na cidade de Lisboa entre los años 1524 e 1580.  As súas obras divídense en poesía, onde encontramos "Amor é fogo que arde sem se ver" e "Que me quereis, perpétuas saudades?", e en drama. En 1553, tras ter sido preso por un altercado, parte para a India, asentándose  na cidade de Goa onde tería escrito grande parte da súa obra. Regresou a Portugal, pero polo camiño naufragou nas costas de Mozambique e por falta de medios tivo que quedarse allí. Foi en Mozambique onde o seu amigo Diego de Couto o encontrou e foi quen lle pagou  a viaxe ata Lisboa. Publicou Os Lusíadas en 1572.
Na tertulia, ademais de sobre a beleza das súas poesías os asistentes comentaron sobre diferentes temas que son plenamente actuais e que nos aportan reflexións de plena utilidade e vixencia cinco séculos despois. Tamén se dialogou sobre diferentes aspectos das innovacións literarias e contribucións á cultura universal deste autor.