A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO

O alumnado de 6 de E.I. realizou diferentes actividades relacionadas  coa promoción da saúde, principalmente relacionadas coa adquisición de hábitos de vida saudables (Choiva de ideas, lectura de contos, taller de cociña,control de peso, xogos motores).

MENÚS DA SEMANA DAS CULTURAS

Esta semana no Cpi de Castroverde, estivemos celebrando a semana das culturas e dende o servizo de comedor aproveitamos para degustar menús novos propios de estas tres culturas. O mércores conmemoramos a cultura india, e poidemos saborear o polo tandori e arroz con uvas pasas.  O xoves tocoulle á cultura marroquí, e comemos ensalada tabule, e o venres tocoulle á cultura latina, e degustamos unha fajitas recheas de arroz, polo e salsa de tomate, acompañados de ensalada de leituga.  Gustounos probar comidas doutras países! Noraboa pola iniciativa.

Temos que dar as gracias ás nenas e nenos que participaron na decoración desta actividade.

LECTURA CON FAMILIAS: BAMBI

Esta semana, retomamos a lectura en familias na aula de 4 anos. Nesta ocasión veu Esther, a mamá de Leire a ler o conto titulado, Bambi.

PRÁCTICAS RESTAURATIVAS

CÍRCULO RESTAURATIVO 

O responsable de benestar e convivencia do CPI Plurilingüe de Castroverde, Xoán Trigo González, está a desenvolver nos diferentes cursos Prácticas Restaurativas. Na imaxe, o alumnado de 1º de ESO está realizando un círculo restaurativo no que se aprenden valores como o respecto e no que se realiza prevención de conflitos.

Día da Poesía. Actividade realizada pola Biblioteca e o Club de Lectura

  

No CPIP de Castroverde, celebramos o Día da Poesía cun recital no que o alumnado da ESO leu poemas en varias linguas. Algunhas delas, linguas nativas como o árabe ou o romanés, xunto co galego e o castelán. Tamén poemas en francés e inglés e, mesmo se atreveron co portugués e o italiano. Tamén se escoitaron poemas musicados por diferentes artistas ( A Banda da Loba, Rosalía ou Los Suaves). 

Distribuir contenido