Skip to Content

Listaxe definitiva admisión curso 2022/23

Dende hoxe 14 de maio pódese consultar as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso escolar. Para poder acceder á consulta de dita información, seguindo a lexislación vixente, poden facelo:

• Presencialmente: no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. O horario será: de lúns a venres de 9:45 a 11:00 e de 14:20 a 15:50 horas. Non é preciso solicitar cita previa.

• Telemáticamente: A través da aplicación "admisionalumnado" empregando a Chave365 ou certificado dixital. Premendo neste enlace: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

• O prazo de formalización de matrícula para o novo alumnado será do 20 ao 30 de xuño, ambos inclusive. Informaremos, a través da páxina web, do horario de atención na secretaría do centro para a realización de dito tramite.



story | by Dr. Radut