Skip to Content

Alumnado de 1º ESO participa esta semana na Digitalweek

Entre os días 30 de outubro e 5 de novembro, alumnado de 1º ESO do CPI Plurilingüe O Cruce participa en Gandarío no programa de inmersión lingüística, mediante o desenvolvemento de actividades dixitais, da CCEFPU Digitalweek

 

A estancia ten como obxecto o desenvolvemento dun programa de inmersión lingüística que transcorrerá integramente en inglés, e durante o cal o alumnado realizará distintas actividades relacionadas coa contorna dixital, así como xogos, deportes, veladas ou unha excursión, entre outras, cos obxectivos de:

  • Perfeccionar a competencia comunicativa en lingua inglesa.
  • Mellorar a competencia dixital.
  • Favorecer a autonomía.
  • Interactuar con alumnado de distintas contornas escolares de Galicia.

 

Máis información | Digitalweek



story | by Dr. Radut