Skip to Content

Conmemoración do día internacional das persoas con discapacidade

Co gallo do día internacional das persoas con discapacidade, 3 de decembro, na tarde do martes realizamos no centro unha "xincana dos sentidos" na que o alumnado de ESO tivo que superar unha serie de retos poñéndose no lugar de persoas con diferentes capacidades.

Identificar de sons, adiviñar substancias a través de olfato, recoñecer obxectos a través do tacto, escribir sen utilizar as mans ou comunicar mensaxes mediante mímica foron algunhas das actividades propostas. O equipo da biblioteca presentou tamén selección de libros co mural titulado "Un mundo sen barreiras" que se pode ver na entrada do centro.

 



story | by Dr. Radut