Actividades

PREMIOS DA BIBLIOTECA: NOME DA BIBLIOTECA E CURTAS DE SAMAÍN

NESTE SAMAÍN REPARTÍRONSE OS PREMIOS DOS CONCURSOS DE BIBLIOTECA.

CONCURSO PARA A ELECCIÓN DO NOME: O COFRE DAS VERBAS (ESO)

CONCURSO VÍDEOS SAMAÍN: FIXÉRONNOLO PASAR TERRIBLEMENTE BEN CON HISTORIAS ARREPIANTES E MOI CREATIVAS.

OS PREMIOS, SUADOIROS E MÁSCARAS CO LOGOTIPO DA BIBLIO, FORON BEN XEITOSAS.

GRAZAS A TODAS E TODOS POLA PARTICIPACIÓN POIS ASÍ SE CONSTRÚE UNHA BIBLIOTECA!

Premiados Primaria.jpg

QUEREMOS POÑERLLE NOME Á NOSA BIBLIOTECA, AXÚDASNOS?

  CONCURSO: NOME PARA A NOSA BIBLIOTECA

 Neste novo curso 2020/2021 queremos atopar un nome axeitado para a nosa biblioteca e, quen mellor para buscalo que as ususarias e os usuarios dela?

 Poñede esas cabeciñas a traballar e pensade un nome.

 A única premisa é que debe ser orixinal, é dicir, que non sexa copiado doutras bibliotecas ou centros culturais. Pode facer referencia á comarca, a nomes da literatura, a libros…

 O concurso é tanto para Primaria como para Secundaria e o premio será un bono de 50 euros para gastar nunha libraría local.

 O prazo de presentación das propostas rematará o día 30 de setembro e serán entregadas nun folio á titora ou titor xunto co voso nome e curso. Existirá un xurado, que elixirá a gañadora ou gañador o luns 5 de outubro.

 Animádevos a participar e moita sorte!

BUSCAMOS VOLUNTARI@S PARA A NOSA BIBLIOTECA (SECUNDARIA)

ANÍMASTE A SER VOLUNTARIA/VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA DO CENTRO?

COMUNÍCALLO ÁS ENCARGADAS DA BIBLIOTECA. AGARDÁMOSTE!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet