Saltar navegación.
Inicio

Circular informativa Fin de Curso 2013/2014

* CIRCULAR INFORMATIVA FIN DE CURSO *

             HORARIO:

                 O LUNS 02 de Xuño comenzou o horario de verán. As clases empezarán á mesma hora, saíndo os autobuses, todos os días, arredor das 15:50 H.               

ENTREGA DE NOTAS E FIN DE CURSO:

 As notas de Primaria entregaranse o día 20 de xuño, e as de Secundaria o LUNS 23 de xuño a partires das 12:00 horas (este día non haberá servizo de transporte escolar).

As clases rematarán o VENRES 20 de xuño para educación infantil,  primaria e secundaria,

 MATRÍCULA:

            Só se matricularan os novos alumnos do colexio e os que cursen Educación Secundaria.

                As datas de matrícula serán as seguintes:

·        Infantil e primaria: Do 20 ao 30 de xuño.

·        Secundaria:

o   Alumnos que promocionan ao curso seguinte: Do 25 xuño ao 10 de xullo.

o   Alumnos con máis de dúas materias pendentes: Do 05 ao 12 de setembro.

PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA SÓ HABERÁ QUE CUBRIR E ASINAR UN IMPRESO QUE SERÁ FACILITADO NA SECRETARÍA DO CENTRO

 COMEDOR:

Segue a mesma normativa do curso pasado e aqueles que desexen facer uso do comedor no próximo curso deberán solicitalo.

LIBROS DE TEXTO:

Xúntase circular informativa.

             LIBROS BIBLIOTECA:

             O 5 de xuño acaba o prazo para os prestamos da biblioteca. Aqueles alumnos que necesiten coller algún libro despois desta data deberán solicitalo ao profesor da materia correspondente.

                Recordamos que os alumnos deberán devolver os libros e/ou material deportivo do colexio que teñan no seu poder, xa que de non ser así e segundo o regulamento de réxime interno non se lles entregarán as notas.