Saltar navegación.
Inicio

Libro recomendado

O lapis do carpinteiro

Comezamos novo curso e o club de lectura sigue con novos membros e azos renovados.

 Esta vez, o  libro seleccionado  "O lapis do carpinteiro" de Manuel Rivas.

portada lo libro  O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade.
Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.
O lapis do carpinteiro é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor.
Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.
 
   

Atención, pergunta: Moitos dos protagonistas do libro existen ou existiron na realidade. Dalgúns aparecen directamente os nomes reais. Outros, como o doutor da Barca, Marisa Mallo ou o pintor, son nomes inventados: Serías quen de buscar os seus nomes reais? Para o primeiro que responda, premio. Falade con Daniel cando o saibades. Que Daniel? Ah! iso tamén o tedes que investigar.

 

Terceira lectura

Para rematar o curso escollemos ler algo de ensaio e divulgación científica.

Os artigos foron seleccionados para que coubese algo de todo, física, química, bioloxía, matemáticas, ensaio...

 Se desexas votar un vistazo on line, entra no  departamento de Tecnoloxia desta mesma páxina web.

Segunda lectura

 

 Made in Galiza

MADE IN GALIZA 

 Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende volve cun libro de relatos especialmente escrito para ti, que tamén buscas a vida nas palabras.
Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.

Primeira lectura

 

portada Non me deixes nunca   Non me deixes nunca
Ishiguro, Kazuo

 

Premio Novela Europea Casino de Santiago 2006

Inglaterra, finais do século XX. No medio da idílica paisaxe campestre, un colexio exclusivo acubilla os seus alumnos, protéxeos do mundo exterior, failles crer que son especiais, auténticos seres escollidos. Mais, por que están realmente alí? Kazuo Ishiguro, autor de The Remains of the Day, explora nesta novela as posibilidades da ficción a través dun relato que agacha unha verdade terrible. Non me deixes nunca é a historia dun destino inesperado, dun fado arrepiante que pon de relevo a fraxilidade do ser humano fronte a un mundo aparentemente feliz.

Distribuir contido