Saltar navegación.
Inicio

Matrícula

MATRÍCULA NA ESO CURSO 2022 - 2023

O prazo de matrícula para todo o alumnado que inicie ou estea cursando estudos na ESO abrangue do 1 ao 10 de xullo.

Os sobres de matrícula están a disposición das familias na Secretaría do Centro.

Unha vez cubertos poderanse entregar a partir de mañá día 30 de xuño ata o venres 8 de xullo. Conteñen o impreso de solicitude de comedor recollido  na instrucción de funcionamento dos comedores escolares publicada o día 29 de xuño.

MATRICULA ALUMNADO DE 4º DE ED. INFANTIL E ALUMNADO NOVO NO CENTRO DAS ETAPAS DE INFANTIL E PRIMARIA CURSO 2022 - 2023

O prazo de matrícula para o alumnado de 3 anos que inicia a escolarización na Ed. Infantil e para todo aquel alumnado novo no centro das etapas de Ed. Infantil e Primaria abrangue do 20 ao 30 de xuño.

MATRÍCULA DE CUARTO DE EDUCACIÓN INFANTIL(3 ANOS) E NOVO ALUMNADO NO CENTRO

Os días  29 e 30 de xuño en horario de 10:00 a 13:00 horas formalizará a matrícula todo o alumnado de cuarto de 4º de educación infantil e o alumnado novo no centro.

 Poden recoller o sobres cos impresos de matrícula na secretaría do centro.

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO. SÓ PARA ALUMNADO NOVO NO CENTRO

REAPERTURA PRAZO DE ADMISIÓN ALUMNADO DO 2º CICLO DE ED. INFANTIL, ED. PRIMARIA, ED. SECUNDARIA E BACHARELATO.

  • Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 11 ao 18 de maio, ambos incluídos.
  • Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 9 de xuño.
  • Publicación de listaxes definitivas: antes do 26 de xuño.
  • Prazo para formalización da matrícula en Ed. Infantil, Ed. Primaria, Ed. Secundaria e Bacharelato: do 1 ao 10 de xullo.
  • Prazo extraordinario de matrícula en Ed. Secundaria e Bacharelato: do 1 ao 10 de setembro.

Admisión Alumnado 2020/2021

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020-2021

NOTA INFORMATIVA

Normativa reguladora:

-DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 245 - 26/12/2012)

-ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos (DOG 53 - 15/03/2013)

-ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 22 – 1/02/2017)

Reserva de praza

            Aos alumnos/as actuais do centro realízaselle a reserva automática, agás que os seus pais/nais ou titores legais manifesten o contrario. 

Solicitude de admisión:

            Presentará a solicitude de admisión o alumnado de novo ingreso que queira solicitar praza neste centro. A solicitude será única e o prazo de presentación será do 1 ao 20 de marzo.

Presentación de solicitudes:

1.- De forma electrónica:

- As solicitudes de admisión  cúbrense mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e entrégase no centro.

- Pódese cubrir na aplicación anterior e presentala en SEDE ELECTRÓNICA.

2.- De forma presencial: na secretaría do centro indicado como primeira opción.

Documentación a entregar:           

-         Solicitude de admisión: formulario normalizado (ED550B) dispoñible na secretaría do centro, na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web do centro.

-         Fotocopia do libro de familia onde figure o alumno/a.

-         D.N.I da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando deneguen a consulta telemática de datos.

-         Certificado de empadroamento no caso de solicitar servizos complementarios.

-         Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de darse o caso.

-         No caso de alumnado con necesidades específicas de apoio, documentación que acredite as circunstancias alegadas.

            A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos/as proxenitores/as, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

            No suposto de alumnado afectado por violencia de xénero non será esixible o previsto no parágrafo anterior.

Publicación de admitidos/as:

- Listaxe provisional de admitidos e non admitidos: publicarase unica e exclusivamente no taboleiro do interior do centro e tamén a través da aplicación admisionalumnado, antes do 25 de abril. Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

- Listaxe definitiva: Antes do 15 de maio.

Formalización de matrícula:  

            A formalización de matrícula deberá axustarse ao modelo normalizado Anexo III (dispoñible   tamén na secretaría ou na páxina web do centro) e terá lugar nos seguintes prazos:

            Infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño

            Secundaria:    

            Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo

            Prazo extraordinario (alumnado con materias pendentes en xuño): do 1 ao 10 de setembro

 Nota informativa

·         Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar. A infracción neste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

·         O alumnado actual ten garantía de permanencia no centro. Se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

·         O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión

·         O CPI “Fonte Díaz” está adscrito a partir do  curso actual, unicamente ao IES Fontiñas.

·         Os servizos complementarios que ofrece o centro son o de comedor (O. 21 de Febreiro de 2007 e D. 132/2013) e transporte escolar (Instrucción 4/2019 da Secretaría Xeral Técnica)

* O CPI Fonte Díaz de Touro informa que sen prexuízo de que no centro non sexa lectivo o día 20 de marzo,  na sede electrónica o 20 de marzo será o último día para presentar a solicitude de admisión.

 

 Touro, a 17 de febreiro de 2020.

 

Asdo.: O equipo directivo.

 

 

Admisión Curso 2016/2017

 ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2016-2017

 

Solicitude de admisión (alumnado de novo ingreso)

 (Orde do 12 de marzo de 2013)

 Prazo de presentación: do 1 ao 29 de marzo

 Documentación a entregar:

      • Solicitude de admisión (dispoñible na secretaría ou na web do centro)

      • Fotocopia do libro de familia onde figure o alumno/a.

      • D.N.I do pai/nai ou titores legais

      • No caso de alumnado con necesidades específicas de apoio, documentación que acredite as circunstancias alegadas.

Publicación de admitidos/as: 

Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula:

 Prazos de formalización:

 Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño

 Educación Secundaria:

 Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo

 Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro

 A normativa reguladora do proceso de admisión, así como os postos escolares vacantes e a oferta de servicios complementarios do centro atópanse dispoñibles no taboleiro do colexio e na páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/cpifontediaz

 Para calquera outra dúbida, consultar información na secretaría do centro, no teléfono 981504027 ou no enderezo cpi.fonte.diaz@edu.xunta.es

 

Distribuir contido