PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Adxuntamos información sobre as probas de acceso a grao medio destinadas ao alumnado de 17 anos ou que os cumpre este ano natural, e podan non estar en condicións de cumprir cos requisitos académicos de acceso a ditos graos.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/2024

O prazo para presentar as solicitudes do alumnado novo que se incorpora no centro será do 1 ao 20 de marzo.A solicitude preferiblemente cubrirase en:admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar. Formulario 

COMEZO DO SEGUNDO TRIMESTRE

O DÍA 9 DE XANEIRO VOLVEMOS!

CALENDARIO ESCOLAR 22/23

Premede no documento adxunto.

ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO CONTRA A COVID 22/23

Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura,Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto da recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023:

REUNIÓNS INICIAIS COAS FAMILIAS

O profesorado dos vosos fillos/as se porán en contacto con vostedes para facer unha reunión inicial as primeiras semanas de curso para presentar o novo ano escolar e explicar o funcionamento do centro.

REUNIÓN INICIAL FAMILIAS 1ºESO

O xoves día 8 ás 9:05 faremos unha reunión inicial na biblioteca coas familias do alumnado que pasa para 1ºESO para explicar o funcionamento e organización de secundaria.

COMEZO DAS CLASES

O xoves 8 de setembro darán inicio as clases do curso 2022-23 en todas as etapas educativas do CPI Julia Becerra Malvar. Os servizos de transporte e comedor xa estarán dispoñibles dende a primeira xornada.

A excepción do alumnado de 4º de educación infantil que ten un horario diferente, o horario será o seguinte para o alumnado: 

Horario de entrada : Infantil e Primaria 09:15 horas. ESO: 08.15

Horario de saída: Infantil e primaria 14:15 e ESO 13:35 (luns, mércores e venres)14:50 (martes e xoves)                            

ADMINISTRACIÓN: HORARIO DE SETEMBRO

Debido á organización do centro o horario de setembro para a recollida dos vales será de 8:00 a 10:00 e de 13:30 a 15:00. Desculpen as molestias

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

O horario de atención ao público será de 9:30 a 13:30 no mes de xullo. Pódense facer consultas telefónicas ao 886 15 16 36 nesa franxa horaria.