Animación á lectura

CLUB DA VECIÑANZA SEGUNDO TRIMESTRE

Agradecemos a Óscar Reboiras a visita ao club de lectura da veciñanza e tamén a súa achega, que recollemos encantadas, a lectura da obra de Fabio Rivas, un feixe de relatos curtos publicados co título "A pintura debida". Animádevos a ler con nós!

 

Obradoiro de teatro

Este venres, o alumnado de 2º e 3º de secundaria gozou do obradoiro de teatro corporal dirixido por María Torres, da compañía Elefante Elegante. Grazas María! Agora toca o obradoiro coa rapazada de infantil e primaria acompañados das nais, país, avoas ....

 
 

Aquí tedes todas as fotos da actividade.

OBRADOIRO APRAZADO

AVISO IMPORTANTE.

Foi aprazado o obradoiro de teatro corporal de hoxe.

Biblioteca. Contacontos Paco Nogueira

Este venres 5 de maio veunos visitar o escritor Paco Nogueira,  un espectáculo cultural moi entretido, unha forma diferente de transmitir o significado dos contos, un merecidísimo aplauso de toda primaria.

 

Aquí podedes ver as fotos e o vídeo da actividade. 

APADRIÑAMENTO LECTOR EN PRIMARIA

O alumnado de 4º de primaria realizou unha actividade de apadriñamento lector cos seus compañeiros e compañeiras de 1º .

Leron aos máis pequechos o libro "Como axudo a Antón?" da Editorial Biosbardos. Trátase dun conto pedagóxico que fala do bulling e co que se tenta sensibilizar ao alumnado contra o acoso escolar.

VOLUNTARIADO NA BIBLIO

  

 ANÍMATE A PARTICIPAR COMO VOLUNTARIO NA NOSA BIBLIOTECA!!!!

NOVIDADES DE LECTURAS PARA O VERÁN

 

A editorial Kalandraka ofrece  novos títulos para o verán:

ENLACE Á PÁXINA

ENLACE Á PÁXINA

Tamén ofrece acceso á canle de televisión dixital KALANDRAKA.TV:

https://kalandraka.tv/gl/

E LEMBRADE, SE VÓS LEDES, ELES LEN!

VELORIO NA BIBLIOTECA

 
 
 
 
 
 
 
 
 

O 22 de xuño na Biblioteca do Eusebio asistimos a un paradóxico evento: "oficiamos", simultaneamente, un enterro e un bautizo. Dous por un!
Así, celebramos o nacemento do "Club de Lectura para Xente Adulta" (temos que lle pensar un nome bonito, así e todo) e inaugurámolo coa obra "Diario dun enterro" do rianxeiro Gonzalo Hermo. E fixémoslle un velorio ao morto ao xeito tradicional, no "salón" da nosa casa; e publicámoslle a esquela en castelán, como xente fina que somos; e petiscamos lambonadas varias en homenaxe ao defunto... Pero sobre todo, compartimos  identificación nas vivencias e sensacións do protagonista, que bate de fronte no tanatorio cunha realidade familiar e veciñal que deixara e, en boa medida, da que fuxira tempo atrás. Un protagonista que asiste ao estrañamento de se sentir na casa e ao mesmo tempo moi lonxe dela. Reflexionamos tamén sobre o absurdo de moitas das convencións sociais, especialmente as que teñen que ver cos funerais; falamos sobre a precariedade da vida da xente nova preparada (de feito queda en suspenso o futuro laboral do protagonista)... E compartimos, con moito sentido do humor, as nosas propias experiencias de "velorio e tanatorio" (algunha delas daba para unha boa novela!)
En definitiva, celebramos a vida. Tal e como di o Gonzalo Hermo poeta:
 
"É sempre a mesma historia: dar conta do que somos
mentres estamos cambiando.
Pero o noso corazón borrará a nosa culpa.
Que a vida nos sorprenda

no seu despregar

GALERÍA DE FOTOS

 

LECTURAS PARA O VERÁN

O equipo de dinamización da biblioteca expoñerá durante a xornada de portas abertas do día 21 de xuño, unha serie de títulos recomendados para o verán. Podedes collelos emprestados ese mesmo día. Animádevos a ler estas vacacións!!!.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet