Curso 2023-2024

Club de lectura: mes de maio

Etiquetas :

Queridas/os lectores,

O próximo mércores 15 de maio imos ter unha visita especial: a escritora Olga Novo vainos acompañar na seguinte sesión do Club, na que imos comentar algunhas das súas obras. Unha de poesía, “Feliz Idade” (do cal mercaremos algúns exemplares para o colexio e poderedes facer uso del proximamente); e uns relatos en prosa relacionados coa súa infancia, que podemos atopar en internet. Os enlaces son os seguintes:

https://luzes.gal/25/04/2019/autores-web/olga/novo/a-bisavoa-descalza/

https://luzes.gal/09/01/2019/autores-web/olga/novo/a-medida-do-amor/

https://luzes.gal/22/08/2022/temas/feminismos/todo-o-cosmos-nun-cabelo-da-marilyn-de-vilarmao-olga-novo/

https://luzes.gal/10/07/2020/temas/inmigracion/o-pequeno-petrucio-e-a-naicina-nena/

https://luzes.gal/06/02/2020/autores-web/olga/novo/os-ollos-da-mina-nai/

Recordade tamén que é o mes no que imos comentar 2-3 letras de cancións, podendo falar de por que nos gustan, relacionar co seu contexto histórico, os seus significados, ou calquera outra cousa que consideredes relevante. É unha actividade nova, ningún temos experiencia, e a ver como sae! (seguro que moi interesante, xa veredes ;) )

Dado que temos convidada especial e ben disposta a colaborar (ademais na semana das Letras Galegas!), estaría moi ben que vos animarades a participar, cantas/os máis mellor, para facer un evento o máis bonito posible.

Unha aperta!

Censo do centro

Etiquetas :

Queridas familias,

Esta tarde quedou exposto no taboleiro do centro o censo electoral de responsables, é dicir, o censo de nais e pais que podedes exercer o voto para a aprobación ou rexeitamento da proposta de horarios para o curso 24-25. Recordade que cada familia contará con un único voto, podendo votar calquera dos responsables indistintamente, pero só un deles.

A partir de mañá martes (incluído), ábrese un período de cinco días hábiles para que poidades realizar as reclamacións que consideredes precisas. Unha vez pasado este período, procederemos a realizar o sorteo público para constituír a mesa de cara ás votacións do luns día 22.

Para acceder ó documento, prema na imaxe:

Un saúdo,

O equipo directivo

Menú comedor abril 2024

Etiquetas :

Xa está dispoñible o menú para o mes de abril de 2024. Para descargalo só hai que premer na seguinte imaxe:

Periodo de admisión

Estimadas familias. Desde hoxe, día 1 de marzo, e ata o día 22, está aberto o prazo de admisión de alumnado novo para o noso cole.

Se tedes algún algún/ha peque que cumpra os 3 aniños e queredes que se una á nosa comunidade para aprender e compartir experiencias con outr@s nen@s, poñédevos en contacto con nós para informarvos e realizar o proceso.

Tamén, se coñecedes outras familias con nenos/as, sexa cal sexa a súa idade, non dubidedes en animalos para unirse á nosa escola.

Menú Comedor Marzo 2024

Etiquetas :

Xa está dispoñible o menú do comedor escolar para o mes de marzo, pódeno visualizar e descargar premendo na seguinte imaxe:

Sesión do club de lectura, 13 de marzo

Etiquetas :

Estimados/as lectores/as,

Informamos sobre unha nova proposta de lectura para a próxima sesión do Club, que terá lugar o mércores 13 de marzo, sobre as 16:45. A obra escollida é o libro "As malas mulleres", de Marilar Aleixandre, que nos levará ata finais do século XIX para recuperar a memoria de mulleres marxinadas desta época.

Se alguén se anima a facer de "guía" durante a sesión, por favor, comentádenos. Nós animamos a realizar esta función, e así colaborar entre tod@s para que o Club sexa o máis interactivo posible!

A próxima semana haberá exemplares no colexio, que posteriormente quedarán na biblioteca escolar.

Ánimo coa lectura!

Unha aperta

Festa de Entroido

Etiquetas :

Venres 9

Desenvolvemento da Festa de Entroido:

 

9:40 Últimos preparativos dos disfraces na aula.

10:30 Photocall.

11:30 Comezo da chegada das familias (A ENTRADA Ó PAVILLON REALIZARASE POLO PARQUE INFANTIL)

12:00 DESFILE e espectáculo musical.

12:30 Entrega de premios e Festa de Entroido.

13:00 Fin de festa. Hora de recoller.

14:00 Comedor

Bailes para o entroido

Etiquetas :

Aquí vos deixamos dous bailes para practicar na casa e despois pasalo en grande durante a celebración do entroido no colexio este venres:  

 

ENTROIDO 2024

Etiquetas :

Ventos do Oriente no Courel

 

Programa:

Durante a semana do 5 ao 9 haberá unha orde dada polo meco de oriente para cumplir cada día:

 

LUNS 5 En pixama virás

MARTES 6 Calzado especial

MÉRCORES 7 Algo na cara traerás

XOVES 8 Sombreiros espectaculares

VENRES 9 Hora de disfrazarse por completo!

(O programa do día dependerá das condicións climáticas e será anunciado o antes posible)

 

Club de Lectura - Febreiro

Etiquetas :

Estimados membros da comunidade educativa: informamos de que o próximo 15 de febeiro pola tarde terá lugar a siguiente reunión do Club de lectura 2023/2024.

O libro escollido foi "La vida contada por un Sapiens a un Neandethal", de Juan José Millás.

Xa contamos no centro con varios exemplares do libro que poderán vir buscar en calquera momento para levalos prestados.

E recordamos que é posible unirse ó Club de lectura en calquera momento.

Un saúdo cordial.

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design