Libros de texto de Música de Primaria

1º de Primaria: mercar só o libro.

2º de Primaria: non mercar nada.

3º de Primaria: mercar só o caderniño.

4º de Primaria: mercar só o caderniño.

5º de Primaria: no mercar nada.

6º de Primaria: non mercar nada.

IMPORTANTE: NOVOS NÚMEROS DE TELÉFONO E FAX NO COLEXIO

O novo número de teléfono do colexio é o 881930489

e o de fax o 881930496

LIBROS DE TEXTO 2016-2017

No arquivo que se xunta podedes atopar os libros de texto que van a estar vixentes no colexio o curso que vén.

DESPEDIDA DE CURSO

DESPEDIDA DE CURSO

O pasado luns 27 celebramos a despedida de curso coa entrega de notas ao alumnado e o acto de graduación para os que nos deixan, os de 4ºESO. Foi un acto moi emotivo no que tanto profesorado como pais e alumnos/as experimentamos esa curiosa sensación na que se mestura a alegría coa pena...

Mención especial para algúns deles: Ana Cal, Paula Beatriz Rafael, Irene Beceiro e Diana Campos por ser os 4 mellores expedientes académicos da promoción. E para Vanessa Caaveiro, gañadora do premio ao esforzo e superación.

En xeral, parabéns para todos por chegar ata aqui e só nos queda desexarvos sorte no futuro.

PREMIO PARA OS GAÑADORES DA CAMPAÑA DE RECICLAXE NA ESO

O martes 21 de xuño os alumnos e alumnas de 1ºB e 2ºB de ESO puideron gozar dunha xornada festiva por mor do seu premio da campaña de reciclaxe.

Consistiu nun ruta moi fermosa de sendeirismo que empezou no alto de marraxón, desde onde se ten unha panorámica impresionante da zona de Ferrolterra e Coruña, despois baixamos ata a fervenza do Belelle e volvemos a subir pola outra vertente ao mirador de Viladonelle.

O bus trasladounos finalmente ao área recreativa da Cobeluda onde puidemos probar ás "xélidas" augas da piscina natural e xantar un churrasco e polbo á feira.

Os nosos parabéns para todos eles, que son os que verdadeiramente manteñen esta campaña en pé.

Guía de suxestións de lectura para ESO

Deixámosvos unha guía de suxestións de lectura para a ESO que agardamos sexa do voso interese. Felices vacacións!

A N I M A D O S

Pequena animación realizada polo alumnado de 1º da ESO empregando máis de 600 debuxos. Algo caótica pero divertida...

 

Radio Sansa: programa final do presente curso

radio SansaNon quería saír do forno pola carga de traballo do alumnado no fin de curso, pero finalmente e contra todo pronóstico está feito.

Como sempre podedes escoitalo na web de Radio Sansa.

O resultado é o propio de algo feito no último momento e forzando a máquina, pero o importante é que queda xa rexistrado nas ondas e reflicte algunhas    das actividades feitas no centro neste tramo final do curso. Non está todo nin moito menos, pero fixemos o que puidemos. Esperamos mellorar de cara ao vindeiro curso. Boas vacacións e moita sorte ao alumnado que deixa o noso centro este ano!!!

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE FIN DE CURSO

Infórmase a todos os pais/nais e alumnado do centro que o próximo LUNS 27 de Xuño, terá lugar a entrega de notas ás ONCE DA MAÑÁ por parte de cada titor.

Ás DOCE E MEDIA celebraremos na casa da cultura, como vén sendo habitual nos últimos anos, o acto de graduación para os alumnos/as de 4ºESO. 

ALUMNOS DE 1º ESO FINALISTAS NO CONCURSO: “DESEÑO DE APLICACIÓNS INFORMÁTICAS COA FERRAMENTA SCRATCH”

 

scratchOs proxectos de dous grupos de alumnos da materia de programación de 1º de ESO quedaron finalistas da súa categoría neste concurso organizado pola presidencia da Xunta de Galicia (Axenda para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia.

 

Os proxectos finalistas, que están en fase de valoración por parte do xurado do concurso, son:

 

- O reto de O Camiño, do grupo: We all are one, formado polas alumnas:

Carmen Míguez Castro

Elena Beceiro Calvo

Sara Luaces Romero

 

- Os de San Sadurniño fan O Camiño, do grupo : Pegadas Robotizadas, formados polos alumnos:

Daniel Rodríguez Duró

Alejandro Castrillón Rañal

Daniel Fernández Soto

José Luis Fachal Aldrey

Diego Fernández Rañal

 

O enlace á web do concurso para poder ver todos os proxectos presentados, entre os que se atopan cinco do noso colexio, é:

https://scratch.mit.edu/studios/2004327/

 

Estos alumnos asistirán coa súa profesora ao acto de entrega de premios, no auditorio de El Corte Inglés de santiago de Compostela. A data está por determinar.

 

Parabens a todos os alumnos que participaron e sorte aos finalistas!!!!!!!!

Distribuir contido