Esquema de temas
Xeral
Tema 1
DOMINGO FONTÁN, UN MATEMÁTICO SUBLIME
(COLABORAN OS DEPARTAMENTOS DE MATEMÁTICAS, EDUCACIÓN FÍSICA, LINGUA GALEGA E HISTORIA)
- DOMINGO FONTÁN PRESENTA SU MAPA A LA REINA
PLANO DE LA COSTA FERROLANA ELABORADO POR DOMINGO FONTÁN
Tarefas da asignatura de lingua galega
Recursos na rede
Arquivo Sonoro de Galicia: http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/index.php
Asociación de Escritores en Lingua Galega: http://www.aelg.org/
Biblioteca Virtual Galega: http://www.bvg.udc.es/index.jsp
Biblioteca Dixital de Galicia Galiciana:
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/estaticos/contenido.cmd?pagina=estaticos/presentacion
Fundación Otero Pedrayo: http://fundacionoteropedrayo.org/
- Tarefas da asignatura de Historia
Domingo Fontán unha biografía que coincide con tempos convulsos. De Carlos IV á Gloriosa
Tarefa
Analiza esta liña do tempo e comenta alomenos tres feitos históricos que consideres importantes, relacionalos coa vida de Fontán e comenta a súa importancia (mínimo 10 liñas)
Tarefa
Os Franceses invaden Portas, lugar de nacemento de Fontán
Cando as tropas napoleónicas invadiron Galicia, en 1809 (recórdese que a Guerra da Independencia comezou o dous de maio de 1808), conta González Zúñiga na "Historia de Pontevedra" que "en su tránsito por estos pueblos no hicieron otra cosa que llevar a todos ellos y a los comarcanos la desolación, el hombre y la miseria; pues robando a los paisanos sus granos, forrajes y ganado, pusieron a todo el país en la mayor consternación, produciendo entre sus naturales una alarma general".
Caldas de Reis e todos os pobos e aldeas limítrofes, incluído Portas, pasado o susto e a sorpresa dos primeiros momentos, reaccionaron con indignación e heroísmo ante os atropelos dos franceses, sentindo arder nos seus corazóns esa inextinguible chama do amor patrio, que se avivou sempre que de defender se trata a terra en que por vez primeira viron a luz.
A loita foi cruenta e longa. Os franceses incendiaban todo aquelo que encontraban ó seu paso. O Arquivo parroquial de Portas, ó igual que outras moitas igrexas e monumentos das inmediacións, foron pasto das chamas, de aquí que non se conserve a partida de bautismo de Domingo Fontán.
Os veciños de Portas que atoparon a morte heroicamente loitando en defensa do seu terruño, de Galicia e de España, foron os que seguen: Paulo Rodríguez, José Antonio Alonso, Martín Magariños, Alberto Martínez, Pedro de Barreiro, Manuel Buños, Gregorio Cachafeiro, Domingo Buceta, Juan de Barreiro.
Cuestións:
1.- A que episodio histórico se refire o texto. Explica as razóns de dita invasión. Cando e como empezou en Galicia
2.- Que exércitos loitaron en Galicia. Peculiaridades desta guerra aqui. Organización dos exercitos
3.- Busca información da guerra de independencia na comarca (ata A Coruña vale) e explica algún feito suliñable.
4.- Que pasou despois desta guerra? Como enraizou o liberalismo en Galicia?
5.- Busca información sobre a ideoloxía politica de Fontán e comentalaO pronunciamento de Riego (1820), O liberalismo ao poder (1820-23)
Tarefa:
1.-Despois de analizar o video resume o que pedían os liberais de 1820, ¿Como rematou o Trienio liberal?
2.-Domingo Fontán foi denunciado por liberal en 1814, sendo absolto por sentencia dictada pola Audiencia Provincial de Galicia.¿Cal foi a ideoloxía dos liberais? Resumela en tres ou catro liñas
3.- Tamén foi elexido diputado polo Partido Liberal en 1837, ocupando este posto hasta 1843, como dipotado Fontán loitou pola defensa de Galicia, sobre todo na abolición dos foros e na loita contra o caciquismo e propiciou o desenvolvemento do ferrocarril en Galicia. ¿Quen estaba no poder nese periodo? ¿Que problema prantexaban os foros e o caciquismo en Galicia? ¿Cando chegou o ferrocarril a Galicia e que diferencias supuxo no trazado das vias de comunicación e na industria do pais?
4.- A Carta de Fontán foi o primeiro mapa topográfico científico de España, é consecuencia de moitisimos estudios seguindo o espíritu da ILUSTRACIÓN. Explica porque a filosofía da Ilustración influiu na ambición e as ganas de estudiar de Fontán.
RECURSOS NA REDE:
Domingo Fontán e a súa Carta Xeométrica na Wikipedia
Web da Fundación Domingo Fontán. Moi interesante a información sobre a xénese e o desenvolvemento da Carta
A súa vida e a súa época (Páxina realizada por Jose Alfonso Andión, un mestre do CPI Domingo Fontán; Portas, Pontevedra)
Domingo Fontán, o ilustre esquecido
Otra idea de Galicia: Miguel Murado. Un libro con Domingo Fontán como guía para descubrir Galicia
Un percorrido por Galicia seguindo os seus pasos
A Páxina da Asociación Cultural, Recreativa e Deportiva ·Domingo Fontán (As revistas aportan algúns datos interesantes)
O Panteón de Galegos Ilustres
Tarefas da asignatura de Matemáticas
Co obxectivo de explicar algúns dos cálculos e medidas levadas a cabo por Domingo Fontán imos facer unhas prácticas no patio do centro.
1) A primeira consiste en tomar medidas dunha zona marcada no patio e trasladalas ao Geogebra para elaborar un mapa e calcular a área. Aplicarase o método da triangulación.
2) Cálculo da altura do edificio de primaria (pé accesible)
3) Cálculo da altura dunha árbore do patio de primaria (pé inaccesible)
(Os alumnos traballaran en equipo e deberán explicar os cálculos e razonamentos seguidos)
- Cálculo de la altura del edificio de primaria (pie accesible)
- Cálculo de la altura del cedro del patio de primaria (pie inaccesible)
- Tarefas do departamento de Educación física
Como práctica de cómo interpretar un plano, orientarse e calcular distancias o departamento de educación física propón a seguinte práctica aos alumnos de 4º ESO:
PRÁCTICA: RUTA POR LA COSTA DE FERROL, MONTES DE SAN XURXO Y COBAS
Tema 2
Tema 3
Tema 4
Tema 5
Tema 6
Tema 7
Tema 8
Tema 9
Tema 10