Skip to Content

Información sobre a convocatoria de Bolsas para o vindeiro curso 2023/24

    Abriuse o prazo para a solicitude de bolsas de estudo do curso 2023/24.

    Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos on-line.

    Poderán ser beneficiarios das distintas contías os/as alumnos/as que no ano académico 23/24 cursen:

     Bacharelato

     Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados

    Formación Profesional de grao medio e de grao superior

    Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores

    Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia

    Ensinanzas deportivas

    Estudos relixiosos superiores

    Formación Profesional de Grao Básico

PRAZOS: 27 de marzo ao 17 de maio de 2023                    Máis información

O Coelliño de Pascua chegou a Sansa

  O pasado venres 31 de Marzo o alumnado de Infantil, para despedir o 2º trimestre, realizou unha divertida búsqueda de ovos grazas ao Coelliño de Pascua que os foi deixando polo patio. Premede na imaxe e os veredes en acción.

 

O COELLIÑO DE PASCUA CHEGOU A SANSA

  O pasado venres 30 de marzo o alumnado de Infantil despediu o 2º trimestre cunha divertida búsqueda de ovos que o Coelliño de Pascua lles foi deixando polo patio. Premede na imaxe para velos en acción.

Visita ao Aquarium Finisterrae

O día 2 de marzo o alumnado de 1º A e 1º B de ESO visitou o Aquarium Finisterrae da Coruña, nunha saída programada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Alí puideron observar exemplares de distintos grupos de vertebrados e invertebrados e, ademais, tiveron a oportunidade de acudir a unha charla sobre as consecuencias das actividades humanas na biodiversidade dos océanos.

 

Aquí podedes ver as imaxes da visita.

Entroido 2023

O pasado venres 17 de febreiro celebramos o Entroido no CPI de San Sadurniño. Pinchade na imaxe para ver o vídeo coa conmemoración deste día!

Admisión de alumnado para o curso 2023-2024: solicitude do 1 ao 20 de marzo

O alumnado que desexe acceder ás ensinanzas do CPI de San Sadurniño e que non teña praza reservada(1), debe presentar solicitude de admisión.

(1)O CEIP San Ramón de Moeche é centro adscrito do CPI de San Sadurniño e, polo tanto, o seu alumando ten dereito á reserva de praza, sempre que o solicitara no prazo establecido.

Prazo de solicitude: do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos.

Formas de presentar a solicitude:

1. De forma electrónica a través da aplicación admisionalumnado, identificándose con Certificado Dixital ou Chave365. Manual para as familias.

2. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual presencialmente no centro: a través da aplicación admisionalumnado, ir ao menú "Solicitudes - Admisión - Crear ", cubrir os datos que se solicitan, premer en "Crear e Confirmar", descargar a solicitude, asinala manualmente e presentala na secretaría do CPI de San Sadurniño.

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: descargar os formularios, cubrilos manualmente e presentalos asinados na secretaría do CPI de San Sadurniño, utilizando o formulario ED550B.

Xunto con estes formularios débese presentar a seguinte documentación:

  • DNI do alumno/a e dos membros da unidade familiar (cando non se autorice a súa consulta).
  • Libro de familia.
  • Certificado oficial do expediente académico.
  • Resolución xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, se é o caso.

A solicitude de admisión presentada nun centro educativo poderá anularse mediante a presentación dunha nova, indicando expresamente por escrito que quedan sen efecto a/s presentada/s con anterioridade.

Criterios de baremación de solicitudes:

Importante: Cando se presenta a solicitude débense marcar todos os criterios que se pensan alegar no baremo. A documentación acredidativa pedirase máis tarde no caso de ter que baremar, pero os criterios alegados xa non se poderán modificar. Estes criterios veñen recollidos no artigo 9 do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, onde se detallan os criterios e a puntuación outorgada a cada un. 

Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremación:

So no caso de que houbera maior número de solicitudes que de prazas ofertadas, os solicitantes deberán presentar a documentación de forma presencial na secretaría do centro.

Admisión de alumnado: publicadas as listaxes de alumnado con praza adxudicada por reserva

Comunicamos que todo o alumnado do centro adscrito (CEIP San Ramón-Moeche) que solicitou praza no CPI de San Sadurniño para o curso escolar 2023-2024 foi admitido. A listaxe atópase publicada no taboleiro da entrada do edificio de Educación Secundaria.

De existir algunha disconformidade coa listaxe, deben comunicalo na secretaría do CPI de San Sadurniño á maior brevidade posible.

Xornada de portas abertas

O próximo 7 de marzo terá lugar unha xornada de portas abertas no noso centro. Convidámosvos a asistir para coñecer o CPI e preguntar todas aquelas dúbidas que vos poidan xurdir. Esperámosvos!

Mandados do Meco

A vindeira semana recibiremos a visita do Meco Paquito, un personaxe entrañable do Entroido e do CPI de San Sadurniño que é un pouco mandón e que nos irá mandando cada día traer unha cousa.

Nesta entrada iredes vendo o que tedes que traer o día seguinte.

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ E OS MANDADOS DO MECO TES QUE SEGUIR!

1. LUNS 13 DE FEBREIRO

 

2. MARTES 14 DE FEBREIRO

 

3. MÉRCORES 15 DE FEBREIRO

 

4. XOVES 16 DE FEBREIRO

 5. VENRES 17 DE FEBREIRO

Celebracións do Nadal e o Día da Paz

Deixámosvos a continuación uns vídeos sobre as actividades e celebracións levadas a cabo no CPI con motivo do Nadal e o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Pinchade nas imaxes para non perder detalle!

Distribuir contido


by Dr. Radut