Skip to Content

contador gratis para blog

blogue deXico P.

O COLE DE CEA

Chega o VIII SERÁN DO COLE DE CEA!!!

O día 16 de maio, a partir das 17h, o Cole de Cea abre as súas portas para celebrar, como xa é tradición, o SERÁN DO COLE DE CEA.

Hoxe facemos público o cartaz, no que o protagonista é o noso fabuloso MAIO DO COLE DE CEA, ao cal, como non podía ser doutro xeito, tamén lle cantaremos unhas copliñas cheas de retranca e bo humor e elaboradas polo alumnado.Estades convidadas/os a participar o día 16 connosco nas actividades que estamos a preparar: actuacións de grupos de música tradicional, torneo de xadrez, postos de artesanía, xogos populares, furanchiño...

VIVA O SERÁN DO COLE DE CEA!!!
 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO COLE

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS para as familias do alumnado de nova incorporación.

  • Mércores 21 de febreiro e xoves 29 de febreiro

Pide cita no 988783030 ou concerta outro día.

 

 

 

25 N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmás Mirabal. A proposta para que se celebrase nesa data realizouna a República Dominicana, co apoio de 80 países.

 

MAGOSTO DO COLE DE CEA

Este venres, 10 de novembro celebraremos o MAGOSTO do Cole de Cea. Haberá animación musical, xogos e obradoiros e, por suposto, moitas castañas!!!

SAMAÍN 2023

Prezadas familias, lembramos que o martes, 31 de outubro, celebraremos, como sempre, o SAMAÍN no cole, polo que ese día o alumnado poderá vir de casa cos seus disfraces terroríficos (sen traer complementos nas mans, tipo coitelos, etc,). Tamén teremos unha serie de actividades durante a xornada, como un FOTOCOLE HORRIPILANTE no que todo o alumnado, por clases, poderá quedar inmortalizado nunha foto terrorífica que posteriormente publicaremos nas nosas redes sociais. Tamén teremos a estrea mundial do noso CONTO COLECTIVO “Foguetiño e o Samaín” e remataremos cunha aterradora coreografía musical, organizada polo profesorado de música e danza.

Lembramos tamén que o día 1 de novembro é festivo; reanudaranse as clases o día 2, tal como se reflicte no calendario da aplicación Abalar.

Reunións das titorías de inicio do curso 2023-2024

REMATE DO CURSO 2022-23 NO COLE DE CEA

Chegou a calor e, con ela chegou tamén o remate das actividades lectivas do curso 2022-2023 no Cole de Cea. 

Durante este tempo de verán, esperamos que a rapazada descanse e recupere forzas, despois destes longos meses de duro traballo escolar. 

Agora o cole está tristeiro, sen as risadas e a algarabía dos miúdos e miúdas, mais logo chegará setembro e con el un novo curso para vivirmos novas aventuras e desafíos.

 

Até entón!

 

O PICURÍ Nº 14 (2023)

O PICURÍ Nº 14

 

Na ligazón de arriba tedes para descarga o último número da nosa revista escolar, elaborada polo seguinte equipo creativo de alumnos/as:

  • Paula Álvarez Augusto
  • Iría Álvarez Conde
  • María Barrosa Fernández
  • Patricia Fernández Rodríguez
  • Laura García Pousa
  • Samuel Rodríguez Rodríguez
  • Lucía Vázquez González
  • Laura Vázquez Rodríguez

A portada, que quere ser unha homenaxe ao inestimable PATRIMONIO da nosa comarca, foi elaborada a partir das fotos enviadas para un concurso realizado para tal fin e no que participaron os/as seguintes alumnos/as:

  • Carlos Sánchez Paz 
  • Tamén participaron:
  • Ana Barrosa Fernández
  • Jimena Cerdeira Durán
  • Martín González Feijóo
  • Antón Manuel Fernández
  • Joaquín Novoa Gil

LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA 2023- 2024

Nos documentos adxuntos están os libros de texto que se usarán no curso 2023- 2024.

 Como sempre, recomendamos que as familias estean pendentes das comunicacións que o centro ou os/as docentes envíen con instrucións concretas e aclaracións sobre este particular, xa que hai algúns libros que non hai que mercar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut