Skip to Content

contador gratis para blog

Complementarias

I PROCURA DO TESOURO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

A Orientadora xunto con membros do equipo de Biblioteca argallaron a "I PROCURA DO TESOURO DA MEDIATECA DO COLE DE CEA", unha actividade mais dentro da semana adicada ao"Día do Libro 2017", que este ano homenaxeaba a escritora Gloria Fuertes no centenario do seu nacemento.

Por grupos os alumnos e alumnas de 3º a 6º fixeron unha busca seguindo instruccións para compoñer o texuelo dun libro da Sala A.Os mais pequenos traballaron en dous grandes equipos seguindo as pegadas agochadas en diferentes libros.

Preme no seguinte enlace

https://goo.gl/photos/yuY5Sx83hFAGCvMk7

XOGADE: "XOGANDO AO BALONMÁN"

O pasado mércores 26 de abril houbo unha nova xornada de XOGADE, nesta ocasión foi balonmán. Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria fixeron un moi bo traballo e acadaron un 4º posto . Noraboa!!

Aquí tedes a galería de fotos desta actividade

https://goo.gl/photos/Yd62MKNdpSkAJRU37

 

VISITA DOS NENOS E NENAS DE INFANTIL AO VIVEIRO DE MASIDE

Os nenos e nenas de Infantil están estudando as plantas, para coñecer mais en profundidade o mundo vexetal foron de visita a un viveiro en Maside. Velaquí a súa experiencia.

INTERCAMBIO CO COLE DE VILABOA

O alumnado do CPI do Toural pasou o día con nós, visitando os fornos de Cea e o mosteiro de Oseira. Pódese dicir que, agora, o alumnado de Vilaboa coñece mellor a vida dunha vila de interior como é Cea pero, sobre todo, que coñece mellor aos seus rapaces e rapazas!

Preme na imaxe para ver máis fotos.

 

 

A SOBREIRA

Para celebrar de forma conxunta, o Día da Poesía e o Día dos Bosques, o alumnado de 2º ESO elaborou o poema colectivo, " A sobreira", ao que se deu lectura mentres plantabamos unha nova árbore no noso xardín.

19 DE MARZO, DÍA DO PAI

Os nenos e nenas de Infantil queren agasallar aos seus papás con esta felicitación tan orixinal

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

A Comunidade Educativa do Cole de Cea súmase a manifestación en contra da violencia machista

"Nin flores, nin bombóns. Querémonos VIVAS!!! (L. Davila)

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

             No Día da Muller os nenos e nenas de Infantil queren ter un xesto especial coas súas mamás, por iso, debuxáronas traballando.

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

O alumnado de Secundaria tamén se molla pola igualdade, deixando a súa pegada nos taboleiros dos corredores.

DESFILE DE ENTROIDO 2017

Distribuir contido


by Dr. Radut