Skip to Content

contador gratis para blog

E.D.L.

POSTAIS GAÑADORAS DO CONCURSO DE POSTAIS 2014

AQUÍ TEDES AS TRES POSTAIS GAÑADORAS DO CONCURSO DE POSTAIS 2014

 

 

Nuria Paz (5º Infantil)

 Mauro Palmou Atene (4º EP)

 Xosé Pérez Blanco (1º ESO)

 

GALERÍA DE IMAXES DO FESTIVAL DE NADAL 2014

Xa temos as fotos do Festival de Nadal 2014!!

Aproveitamos a ocasión para lembravos que voltamos o 8 de xaneiro

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO 2015

 

O NADAL CHEGOU AO COLE

 

 

O Nadal xa está aquí!!

 

 

 Os nenos e as nenas de Infantil e Primaria elaboraron coloridas caixas para facer unha árbore de Nadal pouco convencional, creativa, diferente...

 

Os rapaces e rapazas de Secundaria están a facer unha árbore a partir de perchas decoradas, facendo honra ao seu labor de empregar materiais de reciclaxe e da vida cotiá.

Ahh!! Grazas por colaborar traendo serrín, musgo e cortiza para montar o Belén.

 

 

OPERACIÓN KILO E RECOLLIDA DE XOGUETES EN COLABORACIÓN COA CRUZ VERMELLA

 

 

      Un ano mais o Cole colabora coa Cruz Vermella na campaña de Nadal de recollida de alimentos e xoguetes.

     Este ano pregámoslles doen alimentos e produtos infantís para os nenos e nenas de 0 a 3 anos, principalmente.

Moitas grazas polo seu esforzo e colaboración  

GALERIA DE IMAXES DO MAGOSTO DO COLE DE CEA

Xa temos aquí as fotos da xornada de xogos, xincanas,...a degustación de castañas asadas e da amenizada polo grupo Os Biruxes e as noso alumnado pandereteiro...

 

De aquí para alá... con Lydia Botana

Aquí tedes unha galería de imaxes do concerto De Aquí para alá... co que gozamos moito. Foi no auditorio do Carballiño e compartimos xornada con nenas e nenos de outros centros da comarca.

CONTOS E LENDAS DE MEDO

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

                                                                                                    Perante o mes de novembro, o alumnado está a elaborar contos de medo e recoller lendas sobre esta temática, traballo que forma parte dun proxecto de recollida de material de medo levado a cabo dende o curso pasado.  

Aquí  tedes un pequeno adianto...

O samaín chegou ao cole de Cea

O samaín xa chegou ao cole de Cea. Os nenos e nas decoraron o centro e elaboraron cabazas típicas desta época coa axuda das súas familias. Que vos parece o resultado?

Applícate o conto

Applícate o conto é unha app de contos infantís creada por e para nenos.  É froito da colaboración entre o CPI Virxe da Saleta de Cea e o CIFP da Carballeira. É un proxecto interdisciplinar baseado na aprendizaxe por competencias.

 

Applícate o conto: 4 de novembro

A nosa app está lista. O vindeiro martes día 4 teremos un acto de presentación no CIFP da Carbaleira, os nosos compañeiros de viaxe neste proxecto. A partir dese día poderedes descargala nos vosos dispositivos android: móbiles e tablets. Estamos moi emocionados por ver como o froito do traballo colaborativo desenvolvido no curso pasado por todo o alumnado do centro está a punto de ver a luz. Permanecede atentos aos nosos perfís nas redes sociais e tamén á web do centro a partir dese día para saber como descargala.

Distribuir contido


by Dr. Radut