Skip to Content

Información Covid

Comunicación conxunta Consellerías Sanidade e Educación: Recomendación uso máscaras nos patios dos Centros Educativos

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola Covid-19, ven de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre nos centros educativos da comunidade.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36522

INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE CONTACTOS ESTREITOS

 

As Consellerías de Sanidade e Educación acaban de comunicar conxuntamente que tras a valoración da situación epidemiolóxica actual, elimínase a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario. Seguiranse as mesmas actuacións que a poboación xeral en canto á identificación e manexo dos contactos estreitos. Serán os propios casos os que deben informar ós seus contactos estreitos do diagnóstico COVID para que extremen precaucións e prevencións. O centro seguirá informando dos posibles casos para mellor prevención. En canto ó uso da máscara, a Consellería de Sanidade segue recomendando o seu uso para maiores de 3 anos, tanto no interior das aulas coma no exterior se non se pode manter o 1,5 m de distancia, polo que seguides sendo as familias quenes decides acerca do seu uso, iso si, avisando ás titoras por correo electrónico se hai cambios.

https://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/6767/202200304_Recomendacions_preventivas_contactos_estreitos_COVID.pdf

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DA COVID-19

Deixamos á vosa disposición a Enquisa de Autoavaliación Clínica da Covid-19 incluída no Protocolo de Adaptación ao Contexto da Covid-19 nos centros educativos para o curso 2021-2022:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/enquisa_autoavaliacion_...

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19-CRA A LAGOA-CURSO 2021-2022

No seguinte enlace tedes acceso ao Plan de Adaptación á situación COVID-19 do noso centro actualizado coa nova versión do Protocolo do 1/10/2021:

https://drive.google.com/file/d/1pNlGcHYpu3q8g1ZQBacQQcUgYcPROBrl/view?u...

Distribuir contido


by Dr. Radut