"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"
"Ninguén tería que ser incluído nun mundo ao que xa pertence"
Estimadas familias:
Informámosvos que nestas datas iníciase o proceso para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar; órgano de participación na vida do centro.
O calendario será o seguinte:
O día 29 de outubro ás 09:30 h realizarase o sorteo público na sede do CRA (Ganade) para designar os membros da Xunta Electoral que estará formada pola dirección do centro, unha mestra ou un mestre e unha nai ou pai ou representante legal. Algunhas das competencias da Xunta Electoral son:
- Aprobar e publicar censos electorais.
- Ordenar o proceso electoral.
- Admitir e publicar candidaturas.
O día 2 de novembro constitución da Xunta Electoral.
O día 8 de novembro procederase á publicación dos censos electorais.
Ata o 15 de novembro ábrese o período de reclamacións ó censo.
Do 9 ao 16 de novembro prazo de presentación de candidaturas.
O 17 de novembro procederase ao sorteo público das nais e pais compoñentes da mesa electoral. Este sorteo terá lugar na sede do centro (Ganade) ás 09:30. Este día tamén se procederá á publicación de candidaturas.
O día 22 de novembro exposición das candidaturas definitivas.
O día 23 de novembro terán lugar as eleccións dos membros do Consello Escolar; nais/pais e mestras/mestres.
Seguirémosvos informando, esperando contar coa vosa participación.
O equipo directivo.
Temos moita ilusión e traballo depositado na posta en funcionamiento da nova biblioteca do CRA A Picaraña, se ben non foi un camiño fácil coa covid presente e coincidindo coa creación da nosa biblioteca física, por fin podemos contar cun espazo destinado en exclusiva á biblioteca.
Hoxe os nenos e nenas verana por vez primera e invitarémolos a que pronto pasen unha xornada nela.
Estamos desexando que interactúen con ela sen a distancia de por medio.
Podedes ver máis fotos accedendo en cada aula no apartado da esquerda "Galerías das escolas".
Na aula de Areas investigamos sobre a figura da fotógrafa Ruth Matilda Anderson, a cal realizou unha fotografía da aula de Areas no ano 1924. Por tal motivo decidimos facer unha homenaxe a súa figura a través da representación da súa obra en colaboración coas familias.