CALENDARIO 16/17

      Estamos a piques de rematar un curso pero tamén é certo que xa queda menos para empezar outro¡¡
      Como todos os anos a Consellería publica no DOG a Orde pola que se aproba o calendario escolar para o vindeiro curso.Así o pasado 15 de xuño saiu publicada a do curso 16/17, que podes consultar na súa totalidade premendo na imaxe seguinte:

  
     As clases comezarán de novo o 12 de setembro, ainda que antes faremos a xuntanza de primeiro de curso para falarvos do novo profesorado, período de adaptación e demais. No calendario que vén a continuación tamén podes consultar as datas dos días festivos e non laborables que hai ó longo do curso, agás os festivos locais que decidiremos en claustro a primeiros de setembro.
 
 
 

 

Visita a Fundación Neira Vilas

   Hoxe, o CRA. Boqueixón-Vedra, 
foi rendir unha pequena homenaxe a Xosé Neira Vilas e a súa muller Anisia Miranda 
ata a parroquia de Gres.
Fixemos entrega duns pequenos agasallos para a colección de xoguetes de Pepe e cantamos a canción do poema da xoaniña e  os xenerais fixeron os atranques na súa honra.
Ali tivemos a oportunidade de contar co espectáculo do Mago Christian e co teatro de sombras, baseado na obra Memorias dun neno labrego, na escena do rebusque. Adaptación feita e interpretada polo profesorado.

   

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own photo slideshow

Visitaremos a Fundación Neira Vilas

A piques de rematar o curso, non queremos irnos de vacacións sin visitar a Fundación Neira Vilas e deste xeito poder renderlle un agarimoso homenaxe a poucos meses do seu pasamento a este grande das nosas letras. Por iso, o vindeiro 2 de xuño colleremos camiño cara Gres, onde gozaremos de dúas actuacións: a obra teatral "O Rebusque", baseada na historia do libro Memorias dun neno labrego e que serán os profes do CRA os encargados de interpretala. Tamén virá un mago, concedido pola editorial Vicens VIvens. Será unha mañán para ver e recordar a historia e vivencias do ilustre D. Xose Neira Vilas, a súa obra, a súa vida, lembranzas e moitas cousas máis. En breve farémosvos partícipes desta saída contando todo o que alí vexamos e ensinándovos as fotos dun día tan importante e emocionate.

MATRICULA 2016/ 2017

    Do 15 ao 30 de xuño ábrese a matrícula para o curso 2016/2017 no noso centro, podedes imprimir toda a documentación no seguinte enlace:

https://www.dropbox.com/sh/ucknjirjrf0rfb3/AAAhDGiACgI32zIY69lfaBxLa?dl=0

 

Tamen podedes recoller esta información nas escolas. Así mesmo podedes entregar toda esta documentación debidamente cuberta tanto nas escolas en horario de 9 a 14 ata o 22 de xuño ou na sede do CRA os mércores de 9 a 14 ata o 22 de xuño e dende o 22 de xuño en horario de 9 a 14 todos os días

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO

 

Orde do 27 de abril de 2016 ( DOG 16 de maio de 2016) pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto,destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6ºde Educación Primaria, 1º e 3º Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2016/2017.

 

* Podes consultar a Orde no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160516_axudas_libros.pdf 

* Información sobre a solicitude:

https://www.dropbox.com/s/u4t1otq08g347l3/axudas%20libros%202015-16.pdf?dl=0

 * Solicitude para cubrir en liña:

http://www.xunta.es/formularios/generarPlantillaPDF?conselleria=ED&procedimiento=330B&version=0.0&idioma=gl_ES

LISTAXE ADMITIDOS CURSO 16/17

  Xa podedes consultar aquí a listaxe de admitidos para o curso que vén:

https://www.dropbox.com/s/0eep977zf7brqij/Listaxe%20admitidos.pdf?dl=0

 

 

Nas igrexas tamén aprendemos.

Como xa sabedes,  a pasada semana, dende a clase de relixión levamos a cabo unha pequena saída á igrexa máis cercana a cada escola. Deste xeito, puidemos ver de primeira man os elementos que coñecimos na clase e que se utilizan para a celebración da Eucaristía. Ademais coñecimos o significado de partes esencias das nosas igrexas, por exemplo: a cruz, a campana, a Pía Bautismal... Esta actividade, foi posible grazas tamén á boa disposición dos curas, que en todo momento estiveron dispostos a participar na actividade e grazas tamén ás profes especialistas e titoras que cambiaron a súa hora e que nos acompañaron.

Preme nas imaxes de abaixo e verás un resumo desta actividade.

O acuarium Finisterrae e o Muncyt

Este mes gozamos dunha saída ao acuarium Finisterrae  de A Coruña e ao Museo de ciencia e tecnología, o MUNCYT. Alí pasamos a mañán, merendamos, comimos e fixemos moitas actividades relacionadas coa natureza. Entre p que máis nos gustou foi ver de novo a Gastón, o tiburón, gozar coas focas mentras comían e entrar nun avión de película para que finalmente uns robots nos falaran como si nos coñeceran de toda a vida. Cando volvemos?....Pois en nada xa estamos saindo de novo... nesta ocasión para celebrar o día das letras galegas.

Facendo clic na imaxe de abaixo poderedes ver un resumo desta saída.

De novo de excursión!!

Estos días os nenos levarán para a casa a autorización para unha nova saída. Será o vindeiro martes día 19. Nesta ocasión o destino será máis lonxe que do habitual e tamén de máis tempo, xa que sairemos sobre as 9 e contamos estar de volta sobre as 17h. Ao longo do día visitaremos o Aquarium e o MUNCYT (Museo de ciencia e tecnoloxía) na Coruña. Para iso, cada neno levará o un pequeno almorzo para media mañá e o seu xantar. De seguro que coas ansias non fará falta decilo pero por si acaso...prégase puntualidad para poder sair á hora, principalmente Sarandón e Camporrapado, que serán as primeiras escolas que subirán ao bus. Xa vos contaremos esta nova experiencia, que de seguro será moi productiva e sobre todo divertida...imos alá!!!!!

Vedra en ciencia, os preparativos.

Esta semana xa estamos a preparar en todas as escolas, os experimentos e proxectos que levaremos á vindeira edición de Vedra en Ciencia. Deste xeito, ao longo desta semana contaremos coa axuda dos mellores científicos do mundo: os papá e mamás do CRA, que de xeito voluntario axudaránnos a levar a cabo esta nova experiencia

Ciencia en ruta!

A pasada semana tivemos a sorte de coñecer ao científico Antonio, grazas á anpa do centro "Val do Ulla". deste xeito, disfrutamos  dun obradoiro sobre as leis físicas de Newton e aprendemos dun xeito moi lúdico, o porqué de moitas cousas que suceden no noso día a día. Para os eu mellor coñecemento construímos un cohete e mesmo lanzámolo cunha lanzadera constuída polo científico Antonio. En definitiva, unha gran experiencia para grandes e pequeno. De novo grazas aos que o fixéchedes posible.

Vedra en Ciencia

Con motivo dunha nova edición de Vedra en Ciencia, durante esta semana visitarannos os organizadores do evento do concello de Vedra para meternos xa de cheo nos traballos que estamos preparando e que están relacionados coa luz. Nesta ocasión os obradoiros versarán sobre as sombras. Seguiremos informando!!

Abalar Móvil

O Abalar Móvil chega tamén ao CRA

A partir de agora poderedes consultar a información dos vosos fill"s a través do teléfono móvil ou da tablet.

Ainda que o CRA non é un centro Abalar propiamente dito, si que podemos acceder aos recursos que esta plataforma da Consellería de Educación nos ofrece.

As familias que descarguen esta aplicación terán ao seu servizo as seguintes funcionalidades: 

  • Acceder aos datos personais
  • Consultar as cualificacións
  • Consultar as faltas de conduta
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia
  • Consultar unha cita de titoría
  • Consultar os datos do centro educativo
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo
  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado

 Para todo isto, podedes descargar a plicación dende Google Play ou dende App Store. Para máis información facede clic na seguinte imaxe:  

 

De excursión con Henry Moore e Gianni Rodari

 Unha nova saída para disfrutar de Henry Moore e Gianni Rodari. Neta ocasión, Fonseca, a praza do Obraddoiro e o auditorio de Abanca, foron os escenarios que percorremos esta mañan. En Fonseca contemplamos arte clásico e coas esculturas do artista inglés, Henry Moore, contemplamos outro estilo completamente diferente. Logo de merendar no Obradoiro, vimos a representación de algúns contos tradicionais do escritor e pedagogo italiano, Gianni Rodari, no Auditorio de Abanca. Xa nos tarda a vindeira saída!!.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A festa do entroido!!

Un ano máis vivimos a festa do entroido dun xeito especial. Durante toda a semana, o burro mandounos traer algunha entroidada como atuendo, o venres pola mañán puidemos lucir o disfraz que máis nos gusta e pola tarde, celebramos o tradicional festival de entroido. Este ano, os oficios foron os homenaxeados no festival que celebramos na Casa da Cultura de Camporrapado. No desfile que fixemos no exterior da instalación, apareceron bombeiros, traballadores do mar, bailarinas e leñadores, pintores, astronautas, cociñeiros e ata algunha mamá e papá participou da maxia e diversión desta festa.

O segundo trimestre bota a andar!!

Xa estamos de volta das vacacións! Chegamos coas pilas cargadas e con moitas gañas de poñer en práctica proxectos moi interesantes ao londo deste trimestre. En breve estaremos celebrando o día da Paz e a festa de Entroido. A temática xa está buscada e pronto poñerémonos mans á obra. Estade atentos as boas novas...seguiremos informando!

Bo Nadal a tod@s!!

Bo Nadal e un mellor 2016!!

 

O blogue da Biblioteca

Facendo clic na imaxen de abaixo, descubriredes os traballos que organizamos dende o equipo de Normalización Lingüística. Esperamos que vos guste!!

Draboque, o blogue mediambiental.

 

Fai clic enriba da nosa mascota e accede ao blogue do proxecto de medio ambiente, un blogue co que pretendemos ensinarvos a maneira de facer e vivir nun mundo mellor, respectando e disfrutandoo medio natural no que vivimos.

RUKUTRÚ, O BLOG DO CRA

Agardamos a vosa visita¡¡¡¡

 

 

Benvida

BENVIDOS A NOSA PÁXINA WEB

(Témola en construcción, así que pouco a pouco iredes vendo cousas novas)

 

Distribuir contido

Escolas

Actividades

Alumnado

Eventos

« Xuño 2016 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Iniciar sesión

Pais/Nais

Revista escolar

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.