CRA de Culleredo

ADMISIÓN

 

Hoxe comeza o prazo de reserva de praza, polo que vos deixamos aquí a información.

Quen ten que facelo?
As familias de alumnado de 6ºEI que queiran que o seu fillo/a curse 1º de E.Primaria no CEIP Plurilingüe de Tarrío, o noso centro de adscripción.
 
Cando o fago?
Entre o 15 de xaneiro ó 5 de febreiro.
 
Como se fai?
    • De xeito manual empregando o formulario en papel que podedes descargar aquí: galego e castelán; tamén volo entregarán as vosas titoras. Podedes entregalo na Sede do CRA ou ben á titora do voso fillo/a.

    • Telematicamente mediante a aplicación admisiónalumnado.

Podo matricular ao meu fillo noutro centro?

Sí, podes elixir calquera centro educativo. Neste caso ao non ser o centro que temos adscrito deberás agardar a marzo para realizar a solicitude de praza.