O día 8 de marzo conmemórase a loita das mulleres pola igualdade de xénero. Dende a escola temos que dar exemplo para educar en igualdade e promover os dereitos das nenas e das mulleres.
Dende a biblioteca do CRA Raíña Aragonta presentamos unha selección de libros que nos axudarán a educar en igualdade.
O vindeiro 11 de febreiro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, un día moi importante que nos recorda a relevancia do cumprimento da axenda 2030 e dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible. Para visibilizalo, dende a biblioteca do cole Ara proponnos o seguinte reto. Esperemos que vos guste e o desfrutedes, vémonos no laboratorio.
Achégase unha data moi importante para falar do AMOR e non só do amor en parella, senón do amor cara aos amigos, irmáns, avós...
Os contos son unha excelente ferramenta para reflexionar sobre o amor, por iso dende a biblioteca do CRA Raíña Aragonta deixámosvos unhas recomendacións lectoras cheas de tenrura para ler este San Valentín.
O martes 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Este día lémbranos que todos temos que garantir unha educación que favoreza a boa convivencia en todos os ámbitos da nosa vida. Para conseguilo, é necesario que, tanto dende o centro como dende a familia, se inculquen aos máis pequenos valores que fomenten e promovan actitudes baseadas na tolerancia, o respecto, o amor e a solidariedade. Só así faremos do mundo un lugar mellor no que todas as persoas teñan os mesmos dereitos e oportunidades.
Por iso, hoxe traémosvos unha entrada na que recomendamos unha serie de contos que cumpren isto. A literatura infantil converteuse nunha ferramenta educativa que invita á reflexión e permite que o alumnado coñeza outras realidades e interiorice estes importantes valores.
Para conmemorar o Día Internacional da Educación (24 de xaneiro) escollemos o conto "O paraugas de cebra" do autor David Hernández Sevillano e ilustrado por Anuska Allepuz. É un conto que nos transmite o valor de compartir e ser solidario.
O Nadal é un tempo máxico, cheo de emocións, recordos, encontros coa familia e os amigos. É hora de compartir e pasar tempo xuntos.
Por iso, dende a biblioteca do CRA Raíña Aragonta, queremos deixarvos unhas recomendacións lectoras que vos axuden a atopar o agasallo perfecto para este Nadal e tamén gozar de grandes momentos de lectura en familia.