Iniciar sesión: Acceso

Imos de Entroido!

O 17 de febreiro unímonos ao noso centro adscrito para celebrar o Entroido.

Este ano recupérase o tradicional Desfile do alumnado e profesorado de Infantil e Primaria no Parque do Pasatempo de Betanzos. As familias están convidadas a presencialo.

Para a ocasión, cada nivel educativo representará o país que está a traballar dentro do Proxecto Documental Integrado que traballamos este curso: A Diversidade Cultural.

Na Escola de Coirós participamos cun disfraz de indios/as norteamericanos/as, representando aos nativos/as de EEUU, país sobre o que andamos aprendendo.

                      

 No seguinte enlace da web do Vales, a reportaxe completa do evento:

Entroido 2023 no CEIP Vales Villamarín (Betanzos)

 

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

O tempo en Coirós