Iniciar sesión: Acceso

Cinema Paraíso

Recuperamos as sesións de cine clásico que viñamos programando coa colaboración de Fernando, cineasta e aficionado-coleccionista de cinema en formato Super 8.

A esta actividade complementaria chamámoslle “Cinema Paraíso” en homenaxe á película italiana Cinema Paradiso de Giuseppe Tornatore (1988), que combina unha fermosa reflexión sobre o asombro infantil e o amor ao cine.

Neste contexto achegámonos aos fundamentos e funcionamento do cine clásico nun espazo que reproduce unha sala de exposición, gozando asemade das curtametraxes seleccionados para cada sesión.

Este curso, ademais, teremos a oportunidade de descubrir o papel de Estados Unidos* como país pioneiro da industria cinematográfica.

*Estados Unidos é o país que estamos a traballar este curso dentro do PDI (Proxecto Documental Integrado) sobre Diversidade Cultural que compartimos co noso centro adscrito CEIP Vales Villamarín de Betanzos.

Nesta primeira sesión (marzo 2023) veremos 3 curtametraxes protagonizadas por Laurel e Hardy ..

Xa está todo preparado ..

A sala ..

 As entradas ..

..e o público ..

Pasamos pola taquilla ..

 Aprendemos vocabulario cinematográfico ..

   

Comeza o espectáculo!

 

 

 

 

 

No mes de abril, nova sesión de cine  ...

Fernando traénos o pasquín

E nós preparamos as entradas

 O programa de hoxe presenta 3 curtametraxes de debuxos animados.

Aprendemos a palabra que usan nos Estados Unidos para este tipo de produción ..

Observamos que nesta ocasión a bobina é máis grande e moi loonga porque as tres curtametraxes están na mesma película e ten moitos metros. 

 

 

 

 

Algúns días máis tarde, Brais trae unha sudadera na que descubrimos outra palabra "in english" que tamén ten dúas letras O xuntas que soan "U"

Descubrimos outra palabra con dúas O no calendario

 

25 de maio programamos unha nova sesión.

 

Amplíamos o vocabulario cinematográfico engadindo dous oficios relacionados co cine ..

Comeza a peli ..

Por ser a última sesión deste curso, Fernando ponnos un corto que él ten desfrutado moito cando era pequeno: Vikie, o vikingo

 GRAZAS, FERNANDO, POR ESTAS SESIÓNS DE DESFRUTE E APRENDIZAXES!

No mes de xuño Fernando mándanos novas do rodaxe no que está participando ..

 

 

 

 

 

 

 

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

O tempo en Coirós