Día de Rosalía
Un ano máis na escola celebramos o Día de Rosalía, coa creación dun vídeo onde traballamos a súa obra "Alborada". Na escola participamos tamén da campaña do Concello de Ames "Luxo no lixo", así como na gala poético-musical celebrada o venres día 23. Todo o alumnado recibiu como agasallo unha chapa coa imaxe da nosa autora máis célebre.
Se queredes disfrutar o traballo do noso alumnado pinchade na imaxe.
Proceso de admisión para o curso 2024-25
Infórmase ás familias do inicio do prazo de admisión de alumnado para o curso 2024-25.
A solicitude poderase presentar:
- de xeito presencial na EEI Milladoiro, entregando a solicitude debidamente cumprimentada na secretaría da escola.
- de xeito on-line, no enlace admisionalumnado. Unha vez cuberta a solicitude entregarase, de xeito presencial, na secretaría da escola.
- a través da sede electrónica.
A solicitude pode recollerse na conserxería da escola a partires do día 23. O prazo de admisión é do 1 ao 20 de marzo de 2024.
CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023-24
Infórmase da publicación da Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 (ver documento adxunto)
3 decembro Día da Discapacidade
Con motivo do Día da Discapacidade queremos achegarvos algunhas curtas para traballar actitudes que fomenten a inclusión, a tolerancia e os dereitos de persoas con discapacidade.
"La luna". Pixar
Curta de animación "Tonino. Un pingüín en Ames". 1º Premio certame "Nos tamén creamos 2023"
Estimadas familias
Facervos partícipes do 1º premio que acadou a EEI Milladoiro, coa curta presentada polo alumnado de 6º curso e o seu profesorado, no cetame "Nós tamén creamos". Parabéns polo seu traballo, a prol da nosa lingua, o traballo coas TICs e o fomento da lectura.
Podedes acceder á curta premendo na imaxe ou no seguinte enlace:
http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2023/categoria-...
3 de decembro - Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Estimadas familias
Para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade queremos compartir con vós o traballo que estivemos facenda na escola.
Deixámosvos dous enlaces:
Conto " Pepita es especial"
Curta: "La historia real de Pepita"
O "ABC" do consello alimentario na infancia
Estimadas familias
Nestes días podedes ver un cartel no recibidor da escola que invita a formentar hábitos saudables de alimentación. Podedes acceder a máis información descargando o código de barras que aparece no cartel ou a través do seguinte enlace: https://vida-saudable.sergas.gal/cartafol/Consello-alimentario-infancia-Portada/
Aplicación AbalarMóbil
Infórmase ás familias de novo ingreso que xa poden acceder á aplicación AbalarMóbil, accedendo á guía para as familias neste enlace.