Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes temos 60 solicitudes e 60 prazas pero temos que esperar porque poden entrar aínda en prazo as que se cursaron en sede electrónica.

En canto poidamos comunicar que non houbo ningunha variación coas de sede electrónica comunicarémolo á través da páxina web.

Recordade que a listaxe provisional de admitidos publicarase antes do 25 de abril.

NOVOS TELÉFONOS

Na EEI Vila Laura temos novos teléfonos e, con eles, nova numeración. Anotade:

Teléfono do centro 886.120.841

Secretaría 886.120.840

 

A numeración antiga convivirá connosco ata o remate da próxima semana.

Mascotas con super poderes

Dende a empresa que xestiona o noso comedor escolar, Aramark, propóñennos unha actividade-concurso na que se vos anima a diseñar unha mascota, basada nun alimento dos seguintes grupos: legumes, froitas, peixes e verduras.

Ainda que inicialmente a actividade estaba pensada só para os usuarios/as deste servizo, facémolo extensible a toda a Comunidade Educativa.

Tendes ata o xoves 21 de marzo para presentar os vosos deseños.

 

 

 

Proceso de admisión para o vindeiro curso 2024-2025

Prazo de admisión do 1 ao 20 de marzo

 

Para entregar a solicitude que atoparedes nos arquivos adxuntos podedes empregar algunha das seguintes vías:

-Cubrila na páxina de admisión e presentala a través da sede electrónica.

-Traer a solicitude de xeito presencial cuberta a man no horario de secretaria (9:00h a 10:00h e 13:00h a 14:00h).

-Cubrila a través da páxina de admisión alumnado e entregala no centro no horario de secretaria.

 

Importante que a solicitude veña firmada polos dous proxenitores (fixádevos en todas as follas) e que se engada como documentación o seguinte por se é preciso baremar:

-Copia do libro de familia ou similar.

-Certificado do padrón (no caso de que puntuedes por zona de domicilio).

-Certificado de traballo (no caso de que puntuedes por zona de traballo).

Nos adxuntos tedes tamén o manual para as familias.

 

Menús comedor mes de Marzo

Xornadas de portas abertas 2024.Podcast

Os nosos nenos/as teñen moito que contarvos sobre o noso cole e sobre as actividades que realiza o Anpa.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

O Entroido dos nosos avós.Parte V

 
Pingüins
 
 
 
 
 
 

O Entroido dos nosos avós.Parte IV

 
Xoaniñas
 
 
 
 
 
 

O Entroido dos nosos avós.Parte III

 
Osiños e Exloradores
 

O Entroido dos nosos avós.Parte II

Piratas e Astronautas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut