Benvida

A Escola Oficial de Idiomas é un centro público que imparte ensinanzas de réxime especial e depende da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
É un centro especializado no ensino de idiomas e os que se imparten na actualidade son: alemán, árabe, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.
Á parte da oferta oficial temos tamén cursos monográficos, de formación do profesorado (CEFOR), de linguaxe administrativa en galego, de preparación para a obtención dos CELGA, así como cursos de verán.
LIPDUB DA EOI A CORUÑA (maio 2011)
AVISO IMPORTANTE
- CAMBIO DE DATA E HORA NA PROBA DE CERTIFICACIÓN DE ÁRABE NIVEL BÁSICO. A proba celebrarase o día 18 de xuño ás 19 horas. Para ver o calendario completo, ver "matrícula libre 2012: exames xuño"
- Convocatoria de becas e axudas para o estudo e perfecionamento de idiomas. Consultar nesta páxina do MEC


