Iniciar sesión: Acceso

Oficial

Matrícula oficial curso 2011-12

  Matrícula oficial e preinscrición curso 2011-2012

 Acceso á circular de matrícula

Matrícula directa sen preinscrición:

  • Alumnado oficial da escola e de “That´English” do curso 2010-2011 apto en xuño para continuar estes estudos como alumnado presencial da escola: Matrícula directa sen preinscrición do 27 de xuño ao 15 de xullo.
  • Alumnado oficial da escola e de “That´English” do curso 2010-2011 apto, non apto e non presentado en setembro, para continuar estes estudos como alumnado presencial da escola: Matrícula directa sen preinscrición do 5 ao 15 de setembro.
     

A matrícula deberá realizarse obrigatoriamente a través da internet e no prazo correspondente a cada caso.

Para formalizar a matrícula acceda a: Información sobre matrícula directa

 

 Preinscrición e posterior matrícula

Debe facer preinscrición o alumnado que

  • Accede por primeira vez á escola de idiomas.
  • Procede da proba de clasificación.
  • Accede por acceso directo por titulación ou certificación académica.
  • Desexa incorporarse á ensinanza oficial tras superar as probas de certificación libres.
  • Procede de traslado de matrícula.
  • Non estivese matriculado por oficial no curso 2010-11, pero sexa antigo alumno de cursos anteriores.
  • Estivo matriculado por oficial o curso 2010-11 e renunciou á matrícula.
  • Estivo matriculado por oficial do curso 2010-11 e desexa matricularse dun curso que non é continuación dos seus estudos dese ano, debe facer preinscrición só para ese novo curso, non para continuar os estudos.

A preinscrición e posterior matrícula deberán realizarse obrigatoriamente a través da internet:

Prazos:

Para cursar 1º curso de nivel básico:

  • Preinscrición: desde o 27 de xuño ao 14 de xullo.
  • Matrícula: desde o 18 ao 27 de xullo

Para un curso distinto a 1º de nivel básico:

  • Preinscrición: desde 27 de xuño ao 4 de setembro. Ampliado ata o 14 de setembro
  • 

  • Matrícula desde o 16 ao 23 de setembro.

Antes de facer a preinscrición debe consultar os seguintes documentos:


Adxudicación de prazas para preinscritos

Adxudicación de prazas

  • Básico 1:
    • 15 de xullo ás 22.00
    •  15 de setembro ás 23.00 (só para o alumnado que non obtivese praza en xullo)
  • Outros cursos
    • 15 de setembro ás 23.00

Para comprobar se ten praza adxudicada debe entrar de novo na súa preinscripción. Se ten praza pode matricularse desde un enlace que ten na preincripción. Antes de facelo lea toda a información que ten nesta páxina sobre matricula con preinscripción. Acceso

As persoas preinscritas que non obtiveron praza en setembro quedarán nunha lista de espera. Deben permanecer atentos a esta páxina xa que lle serán ofrecidas as prazas non cubertas polos admitidos.

No prazo correspondente o alumnado preisncrito que obteña praza debe formalizar a matrícula.

Acceso á información sobre matrícula con preinscrición

NOTA IMPORTANTE: os alumnos das seccións teñen que entrar a través das páxinas das seccións correspondentes

























 














































































































 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Acceso á preinscripción

Distribuir contido