Probas de clasificación
Probas de clasificación
As probas de clasificación teñen por obxectivo determinar o nivel de dominio dunha lingua das persoas que desexan matricularse por oficial nas escolas oficiais de idiomas de Galicia nun nivel superior a básico 1 ou básico integrado.
As probas determinan para cada persoa o curso que lle resulta máis axeitado para se incorporar de acordo coa súa competencia ligüística.
Etán exentos de realizar estas probas, e polo tanto terán acceso directo ao curso que lles corresponda as persoas que posúen estudos de idiomas que lles permitan acceder directamente a un curso que non sexa básico 1. Deben comprobarse as validacións na circular da convocatoria de matrícula oficial.
A incorporación tras as probas de clasificación ao curso correspondente estará condicionada á existencia de prazas libres.
As probas de clasificación realizadas en calquera escola oficial de idiomas de Galicia dan acceso a todas as escolas da comunidade autónoma e teñen validez durante dous anos.
Persoas que poden realizar estas probas:
Idade: As persoas aspirantes deben ter dezaseis anos cumrpidos antes do 31 de decembro do ano en que se convocan, se se trata do primeiro idioma cursado no ensino secundario, e catorce de non ser así. (Artigo 59.2 da Lei Orgánica de Educación)
Poderán optar ás probas de clasificación todas as persoas que cumpran o requisito da idade e non estiveron matricucadas por oficial dese dioma durante os dous cursos anteriores (2009-10 e 2010-11 para a convocatoria de 2011.
Datas da matrícula e das probas:
Español para estranxeiros: Realízanse varias probas ao longo do curso. Debe consultarse o calendario no departamento de español nesta mesma páxina.
Resto dos idiomas: Só se realiza unha proba cada ano.
INFORMACIÓN PARA AS PROBAS DE 2011
Guía das probas de clasificación. Premer aquí

