Quen somos
Quen somos
Quen somos : EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
E iso que é?
O ENDL somos un grupo de membros da comunidade educativa (profesores, alumnos e PAS) que temos o compromiso de promover a extensión e a diversidade da lingua galega,
de desactivar os estigmas e prexuízos sociolingüísticos nun proceso voluntario e
participativo ao que calquera pode unirse.
Que obxectivos temos na Escola de Idiomas da Coruña?
Potenciar o uso do galego mediante a dinamización a través da lectura, escritura e
actividades culturais e lúdicas diversas que promovan a oralidade e participación activa.
Se queres formar parte do equipo, aportar ideas ou facer suxestións, podes contactar connosco a través do enderezo electrónico:
endl.corunha@gmail.com
ou deixar unha mensaxe na conserxaría para o ENDL.
Se queres participar e asistir as diversas actividades que organizamos, podes ver toda a información no apartado da web da Escola :
http://www.edu.xunta.es/centros/eoicoruna/
(abaixo á esquerda ENDL/EDLG)
ou podes facerte amigo noso no FACEBOOK e recibirás información actualizada sobre eventos relacionados coa nosa lingua (nosos ou doutras entidades):
Endl A Coruña
Actualizado curso 2011-2012


