Iniciar sesión: Acceso

Información Xeral

That's English

  INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE O  PROGRAMA - CURSO 2011-2012


1.     DISTRIBUCIÓN DE ESTUDOS

       NIVEL BÁSICO

  • Básico 1          Módulos 1, 2
  • Básico 2          Módulos 4, 5

Proba terminal de Certificación específica de Nivel Básico  Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI


NIVEL INTERMEDIO

  • Intermedio 1 Módulos 6, 7
  • Intermedio 2 Módulos 8, 9

 

Proba terminal de Certificación específica de Nivel Básico  Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI

 

2.     COMO FUNCIONA O CURSO?

 

Cada módulo componse de dez unidades didácticas (módulos 1 e 2) e sete unidades didácticas (módulos 4, 5, 6, 7, 8, 9) máis unha de repaso. O estudo de cada unidade faise a través dos programas da 2 de TVE ou dos programas dos DVD (o contido é o mesmo) e CD de audio, ademáis dos exercicios que se poden atopar nos libros de texto e cadernos de actividades.

 

Ao finalizar cada un dos módulos, haberá que realizar un exame presencial na Escola Oficial de Idiomas na que  se esté matriculado. Tamén haberá que aprobar unha proba final de certificación ao rematar o nivel Básico ou Intermedio, para obter  o certificado correspondente.

 

3.     MEDIOS DIDÁCTICOS

 

Os medios didácticos dos que se dispón son os seguintes:

  •  Un libro de texto por módulo.
  •  Un CD de audio por módulo.
  •  Un caderno de actividades por curso e unha guía didáctica .
  •  Os DVD correspondentes a cada módulo, cos capítulos dos programas televisados.
  •  Dous CD-ROM interactivos, un por módulo.

 

La estrutura xeral de cada LIBRO DE TEXTO, aparte de lixeiras variacións entre eles, é a seguinte:

 

  • Orientacións para o estudo.
  • Sete unidades didácticas.
  • Unha unidade de consolidación.
  • Varios apéndices, entre os que destacan o solucionario das actividades e dos cuestionarios de autoavaliación e a sección de referencia gramatical.

 

4.     A TITORÍA

 

A titoría colectiva semanal adicarase principalmente á práctica oral xa que, ao ser este un curso a distancia, é probable que se careza de oportunidades para falar inglés. A práctica oral axudará a consolidar os coñecementos novos, a mellorar a pronunciación, e a adquirir máis fluidez.

 

Tamén se adicaran á corrección de exercicios propostos (redaccións, tests, etc) e  resolución de dúbidas que poidan xurdir no estudo das unidades, aínda que é conveniente resolver as dúbidas antes de asistir á tutoría, para así poder adicar estas sesións á parte máis práctica.

 

A asistencia á titoría, aínda que non obrigatoria, é de grande utilidade e deberia facerse todo o posible para asistir regularmente. Recórdase que a puntualidade é moi importante para o bo funcionamento da clase.

 

5.A AVALIACIÓN

 

Haberá un exame presencial nesta EOI ao final de cada módulo na hora de titoría.  Todos constarán de catro partes, unha para cada destreza:

 

·       Comprensión Lectora (Reading)

·       Expresión Escrita (Writing)

·       Comprensión de Escoita (Listening)

·       Expresión Oral (Speaking)

 

Non se poderá examinar dun módulo sen ter superado o anterior, polo que haberá recuperacións de todos os módulos ao seu debido tempo.

 

Para aprobar un módulo é necesario  aprobar as cuatro partes correspondentes, e unha vez  aprobado o módulo, este queda aprobado para SEMPRE. 

 

As datas dos exames non están confirmadas e hai que permanecer atento a súa publicación, pero a continuación dispós dun cuadro orientativo:

 

CALENDARIO DE EXAMES NIVEL BASICO  CURSO 2011-2012

  

 

Decembro

Febreiro

Xuño

Setembro

Rec. Mód 3*

Mód 1

Mód 2

Mód 1

  

Mód 4

Rec.Mód 1

Mód 2

  

  

*Rec. Mód 3

 

Mód 4

*Rec.Mód 3 (a extinguir)

 

  

  

( Mód 5 )

( Mód 5 )

  

  

Proba Certificación

Proba Certificación

(*) Recuperación para alumnos cun módulo pendente de curso anterior cuxa superación  permitirá incorporarse ao curso siguiente.

 

             CALENDARIO DE EXAMES NIVEL INTERMEDIO   CURSO 2011-2012

 

 

Decembro

Febreiro

Xuño

Setembro

Rec. Mód 7*

Mód 6

Mód 7

Mód 6

  

Mód 8

Rec.Mód 6

Mód 7

  

  

Rec. Mód 8

 

Mód 8

  

  

( Mód 9 )

( Mód 9 )

  

  

Proba Certificación

Proba Certificación

 (*) Recuperación para alumnos cun módulo pendente do curso anterior cuxa superación  permitirá incorporarse ao curso siguiente.

 

6.     CONTACTO

 Páxina Oficial Programa: http://www.thatsenglish.com

              Páxina de la EOI A Coruña: http://www.eoicoruna.org

 

Distribuir contido