Taboleiro de novas
Centros.net
ACCESO A CENTROS.NET Prema aquí
ATENCIÓN: As seccións da EOI da Coruña en Carballo, Cee e Culleredo teñen cada unha o seu propio acceso a centros.net que atoparedes nas suas respectivas páxinas web.
¿Qué é centros.net?
Centros.net é unha plataforma web que ofrece varias utilidades. Por exemplo:
-
Consultar expediente e cualificacións do alumno
-
Consultar o horario e as faltas do curso escolar do alumno
-
Acceder á aplicación de matrícula en liña
-
Participar no chat de usuarios
-
Descargar ficheiros enviados polo profesor
-
Enviar ficheiros ao profesor
¿Cómo se accede a centros.net?
O acceso desde a nosa páxina web a centros.net leva a unha ventaniña onde hai que introducir un código de usuario e un contrasinal.

- O usuario é o seu número de expediente (que é tamén o número de tarxeta de identidade escolar) ou a súa data de nacemento (cun dos seguintes formatos 00/00/0000, 00-00-0000).
- O contrasinal é o seu número de DNI sen letra. Os alumnos que teñan un NIE deben inserir a primeira letra (X), pero non a última.
En caso de dúbida, contacte coa EOI.
¿Qué programas necesitamos para usar centros.net?
É conveniente ter instalados os seguintes programas e/ou plug-ins no ordenador dende o que se accede á plataforma. Estas son as direccións de internet dende onde se poden descargar.
-
Adobe Reader (visor de documentos PDF) http://get.adobe.com/es/reader/
-
Plug-in de Java http://www.java.com/es/
-
Plug-in de Flash http://get.adobe.com/es/flashplayer/




