Adxudicación de vacantes tras fin de matrícula (curso 2021-2022)

Unha vez finalizados os prazos regulares de matrícula, a EOI pon a disposición as vacantes resultantes. Consulte aquí a información sobre este procedemento.

Teña en conta que:

  • as vacantes adxudicaranse por estrito orde de chegada da solicitude, sempre que haxa prazas e ata a fin do prazo de solicitude
  • poderá marcar dúas ou tres opcións para cada solicitude, dependendo dos horarios dispoñibles 
  • unha vez adxudicada a vacante, a persoa solicitante recibirá un correo electrónico con instrucións para formalizar a matrícula
  • é imprescindible acreditar un nivel de acceso para os cursos non iniciais; pode consultar as titulacións admitidas nesta ligazón

As vacantes actualízanse ao final de cada xornada durante o prazo de solicitude:

FORMULARIOS DE SOLICITUDE 
(prazo aberto das 9:00h do luns, 4 de outubro ás 23:59h do xoves, 7 de outubro)
 
 
Os datos personais recollidos neste procedemento utilizaranse exclusivamente para os fins indicados, quedando custodiados polo centro, e destruiranse ao remate do procedemento. As persoas participantes no proceso poden exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e supresión enviando un correo electrónico á secretaria do centro.