Información xeral sobre a matrícula oficial

 

INFORMACIÓN DETALLADA SOBRE A MATRÍCULA OFICIAL

A matrícula en modalidade oficial está dirixida ao alumnado que desexa asistir presencialmente aos cursos ordinarios que ofrece a EOI de Santiago de Compostela.

Pinche nas seguintes ligazóns para obter máis información sobre:

Consideracións previas

Se quere matricularse por primeira vez na EOI de Santiago de Compostela debe ter en conta o seguinte:

  • para acceder aos estudos das EOI deberá cumprir os requisitos de idade das EOI (16 anos cumplidos no ano natural de comezo dos estudos para calquera idioma; 14 anos para un idioma diferente ao cursado como 1ª lingua na ESO)
  • non é preciso comezar os estudos desde o 1º curso do itinerario; hai establecidas vías de acceso para ingresar nun curso superior
  • a EOI de Santiago de Compostela ofrece cursos de 7 idiomas diferentes (alemán, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, e portugués), en 6 localizacións distintas (para francés e inglés)
  • como as prazas dispoñibles son menos que os solicitantes, o alumnado de novo ingreso precisa preinscribirse e esperar unha adxudicación de prazas antes de poderse matricular; teña en conta que os prazos de preinscrición e matrícula varían segundo o curso ao que accede
  • para matricularse debe estar en posesión do DNI ou NIE (non é válido o pasaporte)
  • as datas de realización das probas finais poderán ser en días e horas diferentes aos horarios ordinarios das clases do curso no que se matricula; ademais, na convocatoria extraordinaria poderán coincidir as probas de distintos idiomas na mesma data e hora

A matrícula oficial está regulada pola Resolución do 16 de maio de 2023 e seguinte corrección de erros

Idiomas, niveis e oferta horaria na modalidade oficial

No centro impártense cursos de 7 idiomas (alemán, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano e portugués). Tamén hai cursos de especialización, para profesorado, e outros.

Consulte aquí a oferta de estudos xeral do centro.

Consulte aquí a oferta grupos e horarios por idioma. 

Información sobre o novo plan de estudos (2018).

Procedemento de preinscrición, adxudicación de prazas e matrícula na modalidade oficial

O alumnado oficial e alumnnado de That's English que continúa estudos do idioma desde o ano académico inmediatamente anterior que quere continuar na modalidade oficial non precisa preinscrición no idioma no que quere continuar estudos, e deberá seguir estes pasos:

  1. Reserva de praza e pagamento. No prazo establecido e unha vez que teña cualificación debe reservar a súa praza na aplicación en-liña CentrosNET e facer o pagamento das taxas (se proceder). Consulte aquí como proceder ao pago das taxas.
  2. Formalización da matrícula. Despois deberá cargar a documentación de matrícula na súa sesión da aplicación CentrosNET. A matrícula non será efectiva ata que non complete este paso.

O alumnado de novo acceso deberá seguir estes pasos:

  1. Preinscrición. Para preinscribirse debe acceder á aplicación de preinscrición e seguir as instrucións. É importante que recorde o contrasinal de acceso e que cubra todos os datos que se lle piden, pois serán os que figuren no seu expediente. Pode modificar a súa preinscrición cantas veces queira ata o remate do seu período de preinscrición.
  2. Admisión e documentación. Deberá esperar á adxudicación de prazas e, accedendo á mesma aplicación de preinscrición, comprobar se foi admitido/a. Unha vez admitido/a, prepare a documentación requirida e pague as taxas correspondentes (consulte aquí como proceder ao pago das taxas; é posible que a aplicación de matrícula lle ofreza automáticamente vías para efectuar o pago).
  3. Formalización da matrícula. No prazo establecido, pique en "formalizar matrícula" e cargue a documentación na aplicación. A matrícula non será efectiva ata que non complete este paso.

Custo da matrícula na modalidade oficial

Aquí pode ver información detallada sobre as taxas de matrícula, incluíndo as exencións.

Documentación que se debe presentar para formalizar a matrícula en modalidade oficial

Prégase que a documentación se achegue en formato pdf.

A documentacón requerida é:

  • comprobante bancario ou en-liña do pago das taxas, debidamente cumprimentado
  • copia do xustificante do dereito á exención de taxas (minusvalía, familia numerosa, funcionarios docentes, etc.), de ser o caso
  • copia do xustificante de acceso directo por titulación, de ser o caso (ou certificación académica da EOI de orixe no caso dun traslado doutra EOI)
  • no caso de fraccionar o pagamento da matrícula comprobante da conta bancaria onde conste o IBAN (certificado, recibo...)
  • para o alumnado menor de 16 anos, certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada, expedido polo centro onde estea matriculado consonte o modelo do anexo V da circular de matrícula

O alumnado que se matricula por primeira vez na EOI de Santiago de Compostela, deberá ademais presentar:

  • fotocopia do DNI ou NIE (non é válido o pasaporte)

No caso de discapacidade, deberase achegar documentación acreditativa e, se solicita adaptacións, cubrir esta solicitude e entregala xunto co resto da codumentación de matrícula.

Calendario de preinscrición e matrícula

Consulte aquí o calendario de preinscrición e matrícula en modalidade oficial.

IMPORTANTE:

  • AS DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS FINAIS PODERÁN REALIZARSE EN DÍAS E HORAS DIFERENTES AOS HORARIOS ORDINARIOS DAS CLASES DO CURSO NO QUE SE ESTEA MATRICULADO.
  • NA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA PODERÁN COINCIDIR AS PROBAS DE DISTINTOS IDIOMAS NA MESMA DATA E HORA.