Tándem lingüístico na biblioteca

tandem

O equipo de biblioteca, en colaboración co departamento de español para estranxeiros, convida ao alumnado da EOI e as súas seccións a participar nun TANDEM LINGÜÍSTICO na biblioteca en Vite, unha actividade de conversa durante o curso 2023/24 na que dous alumnos/as poden reunirse regularmente para aprender cada un a lingua do outro desde a base da reciprocidade e a colaboración.

Como participar?

1) Achégate a biblioteca e enche a man dúas fichas que che facilitará o profesorado encargado.O alumnado das seccións interesado en participar pode enviar un mail a biblioteca@eoisantiago.org.

2) Recibirás un email cos pasos a seguir para porte en contacto con alumnado co que facer un tándem na biblioteca.

Distribuir contido