Documentación necesaria

Documentación para a inscrición como alumnado oficial

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA MATRICULARSE

Alumnado que xa ten expediente nesta escola. Presentará esta documentación a través da aplicación web de matrícula:

  • Xustificante de ter pagado as taxas.

Alumnado  novo nesta escola. Presentará esta documentación a través da aplicación web de matrícula (agás as dúas fotos):

  • Xustificante de ter pagado as taxas.
  • Copia DNI ou NIE.
  • Dúas fotos tamaño carné. Presentaranse de forma presencial na secretaría, ou no enderezo electrónico matriculaeoiviveiro@gmail.com .

Para todo o alumnado. Esta documentación presentarase a través da aplicación web de matrícula, de non poder facelo, presentarase no enderezo electrónico matriculaeoiviveiro@gmail.com ou presencialmente.

  • O alumnado que sexa menor de 16 anos, certificación do IES correspondente, onde acredite a primeira lingua estranxeira que está cursando.
  • O alumnado que fraccione o pago (hai que marcar esa opción cando se fai a matrícula por internet, na opción tipo de taxa) deberá presentar un certificado da conta bancaria onde conste o IBAN, e que é titular desa conta; e cubrir un impreso presencialmente na secretaría da escola autorizando á consellería a efectuar o cobro do segundo prazo.
  • O alumnado que acceda directamente a un curso distinto do 1º nivel por outras titulacións, deberá presentar o correspondente título ou certificación acreditativa (dependendo do caso).
  • O alumnado con acceso directo por ter aprobado bacharalato, presentará certificación académica do centro, onde quede constancia que a persoa cursou dito idioma como primeira lingua estranxeira, e que ten aprobado o bacherelato.
  • Aquelas persoas con descontos nos prezos de matrícula presentarán orixinal e fotocopia do documento que así o confirme:
    1. Familia numerosa: Libro de familia numerosa.
    2. Discapacidade: Certificado ou resolución  de recoñecemento de grao de discapacidade (33%) do alumno ditado polo órgano competente nesta materia. Estarán exentos do pago de taxas. No caso de solicitar adaptación das probas cubrir o anexo V da resolución de matrícula.
    3. Vítimas de terrorismos: Resolución administrativa na que se lles recoñece esa condición. Estarán exentas do pago das taxas así como os seus cónxuxes e fillos. 
    4. Vítima de violencia de xénero: Sentenza xudicial que acredite esa condición.
    5. Persoal funcionario docente non universitario. Certificado de estar en activo no momento de formalizar a matrícula. Se repite curso non terá dereito a este desconto.
Distribuir contido