Oficial

Matrícula alumnado oficial curso 2013-2014

Toda a información sobre acceso, prazos e inscrición para o curso 2013-2014 será publicada tan pronto esté dispoñible.

Mentras tanto, como orientación, pode consultarse a información relativa ao curso pasado.

Non se responderán consultas por correo electrónico. Por favor, consulte as súas dúbidas na conserxería ou a secretaría do centro .

Teña en conta que, en período de matrícula, as liñas están colapsadas.

categories [ ]

Libros de texto. Curso 2013-2014

Pode consultar os libros de texto do curso 2013-2014 premendo no departamento correspondente.

Departamento de alemán

Departamento de francés

Departamento de inglés

Departamento de italiano

Departamento de portugués

categories [ ]

Títulos Certificado de Aptitude (LOGSE) e Nivel Avanzado (LOE)

As persoas que teñan solicitado os títulos correspondentes ao Certificado de Aptitude (antiguo 5º da LOGSE) e Nivel Avanzado (Avanzado 2 LOE) correspondentes aos anos 2006, 2008, 2009 e 2010 poden pasar a recollelos na secretaría do centro. Comprobe aquí o horario de atención ao público.

Os interesados deben presentar DNI para poder retiralo. Caso de non poder facelo persoalmente, deben autorizar por escrito a unha terceira persoa e facilitarlle copia do D.N.I.

categories [ ]

Faltas de asistencia dos menores de idade

Os pais, nais ou titores do alumnado menor de idade poden comprobar as súas ausencias ás aulas entrando en CentrosNet. Para acceder deberán introducir como "usuario" o número de expediente ou a data de nacemento e como "contrasinal" o DNI do/a menor (sen letra).

Tamén poden contactar directamente cos profesores/as no horario que estes teñen de atendimento ao público.

categories [ ]

Matrícula That's English! 2012-2013

Aínda non está aberto o prazo de matrícula para cursar estudos de inglés na modalidade semipresencial That's English!

O centro de apoio administrativo está na EOI de Pontevedra. Teléfono: 986 83 49 94.

Información xeral sobre o programa: www.thatsenglish.com

Na EOI de Vilagarcía hai titorías para os niveis de Básico 1 e 2 así como Intermedio 1 e 2.

De xeito orientativo, pode consultar a secuenciación dos contidos do curso 2011-2012 nesta ligazón.

categories [ ]

Acceder a CentrosNet

Fai clique na icona de CentrosNet (parte dereita desta páxina) ou emprega este enlace:

  • Nome de usuario: é o teu número de expediente (comeza por 05/... e figura no teu carné de estudante). Caso de que non o teñas á mán, podes empregar a túa data de nacemento co formato DD/MM/AAAA
  • Contrasinal: é o número do teu DNI sen a letra.

Para consultar as notas, no cartafol "Historial" (parte superior esquerda da pantalla) selecciona a pestana "Destrezas EOI".

categories [ ]

Matrícula oficial: curso 2012-2013

Consulte os seguintes apartados para informarse sobre a preinscrición e matrícula para o curso 2012-2013:

- Preinscrición e matrícula: formalización

- Prazos de matrícula e preinscrición

- Taxas

- Normativa

Lea atentamente toda a información antes de preinscribirse ou matricularse.

En cada unha das pantallas deberá clicar en "Ler máis" para acceder á información completa.

categories [ ]