Actividades

Clube de Lectura para Persoas con Presa


O venres 12 de abril ás 20.00 terá lugar na Biblioteca a primeira reunión do Clube de Lectura para Persoas con Presa, aberto a todos @s alumn@s da EOI que queiran participar. O libro que vai servir como punto de partida é 90 Libros Clásicos para Persoas con Presa (unha banda deseñada do autor sueco Henrik Lange), a partir del, e en sucesivas reunións, emprenderemos unha viaxe polas nosas lecturas comúns, polas persoais, polas adaptacións de obras literarias a outros xéneros artísticos e por todos aqueles territorios por onde os participantes queiran pasar.

Na primeira reunión discutiremos alternativas de horario para as seguintes reunións. Tanto da primeira obra, como de outras lecturas futuras que se decidan, a Biblioteca comprométese a adquirir versións nas linguas en que os participantes no clube queiran ler as obras.

categories [ ]

Lançamento do livro 101 Falares com Jeito

10/27/2011 - 19:00
10/27/2011 - 21:00
Etc/GMT+1

O antigo profesor desta mesma EOI, Fernando Vásquez Corredoira presentará o seu libro 101 Falares com Jeito, que foca aspectos da apredizaxe da lingua especialmente críticos para o aprendente galego. O acto é organizado polo departamento de Lingua Portuguesa e terá lugar ás 19:00 do día 27 (xoves) no salón de actos da EOI.

Enviado por eugeniote en Xov, 10/20/2011 - 17:13. categories [ ]