Cambios de grupo - Prazo de solicitudes 2023-24

Quen e como:

  • As persoas matriculadas telematicamente que estén interesadas en solicitar o cambio de grupo poderán facelo dende o seu perfil de CentrosNet (como rexistrarse e acceder á aplicación.)
  • Cada persoa poderá formular un máximo de 2 peticións por cada idioma no que esté matrícula.
  • Só se pode pedir cambio de hora/grupo. Non é posible solicitar cambio de nivel ou de idioma.

Cando se pode solicitar:

  • Do xoves 28 de setembro ás 16:00 ao luns 02 de outubro ás 09:00
  • Posteriormente, durante o curso, pode formular unha solicitude de cambio na secretaría.

Resolución das solicitudes:

  • As solicitudes telemáticas son xestionadas inmediatamente, por orde de petición, na medida que existen vacantes no grupo ao que se desexa acceder.
  • Recibirá unha mensaxe por correo electrónico confirmándolle a concesión do cambio.
  • De non haber vacante no momento da solicitude, esta queda en espera por orde de petición.  Se xurde unha vacante máis adiante, dentro do mesmo período, concederase o cambio.
  • As solicitudes á xefatura de estudos, atenderase cada caso individualmente en función da dispoñibilidade de prazas.

Entrada en vigor do cambio:

  • O cambio telemático é efectivo ao recibir a mensaxe de confirmación. Pode asistir ás aulas do novo grupo na seguinte sesión á recepción da confirmación.
  • Para cambios solicitados á xefatura de estudos, debe recibir unha comunicación de aceptación do cambio.