Matrícula alumnado oficial curso 2023-2024

Este apartado recolle a información para o alumnado que se matricula para asistir ás clases durante o curso académico (de setembro a xuño). Se desexa matricularse soamente para as probas de certificación, debe consultar o apartado de matrícula libre.

Por favor, lea atentamente a información e consulte as súas dúbidas na conserxería ou a secretaría do centro.

Teña en conta que:

  • En período de matrícula, as liñas telefónicas poden estar colapsadas en momentos puntuais.
  • Aconsellamos ler toda a información e consultar no centro as situacións individuais.
  • Debido ao volume de consultas formuladas por correo electrónico, non é posible reponder todas as consultas inmediatamente.
  • Debe presentar toda a documentación para que a matrícula sea efectiva. Non faga envíos parciais de documentación.