Normalización linguística

Departamentos | Equipo de normalización lingüística

A súa función segundo a lexislación vixente é potenciar o uso da lingua galega no Centro, mediante propostas de actividades e proxectos tendentes a lograr unha valoración positiva do uso da lingua propia e a mellorar a competencia lingüística dos membros da comunidade educativa.

O equipo tamén debe tratar de potenciar a presencia da realidade galega, cultural, historia, xeografía, economía, etnografía, lingua, literatura, arte, folclore, etc. no ensino.

Membros do Equipo

Coordenador: José Luis Cajigal Doldán
usuario@edu.xunta.es
Profesorado
Amparo Gallego Fouz
usuario@edu.xunta.es

 

Humberto Morán Fraga
usuario@edu.xunta.es
Persoal de Administración e Servizos: Avelina Lago Díaz
usuario@edu.xunta.es
 Alumnas/os:


usuario@edu.xunta.es


usuario@edu.xunta.es


usuario@edu.xunta.es

Actividades a desenvolver

Sen prexuízo da posibilidade de sumar outras iniciativas ao longo do curso, estas son as actividades que se incluen na programación xeral para o presente curso:

  • Asistir a recitais, charlas e conferencias sobre temas literarios.
  • Participación nas Xormadas Lingua e Usos - Lingua e Comunicación, organizadas pola Universidade da Coruña.
  • Organización de actividades criativas entre o alumnado relativas ao Magosto, o Nadal e o Entroido.
  • Colaborar con outros departamentos na organización de visitas e viaxes de interese cultural.
  • Elaborar traballos monográficos sobre temas relativos aos aspectos socio-culturais de Galiza.
  • Asistir a tempada de teatro que ofrece o Centro Dramático Galego.
  • Visitar algunha exposición organizada por entidades relacionadas coa cultura galega.
  • Commemorar con actividades variadas o Día das Letras Galegas.
  • Ampliación do contacto do alumnado coa biblioteca do Centro.
Distribuir contido